18-07-2017A CTNL solicítalle ao Concello de Vigo a modificación das bases da bolsa de emprego para TNL
A CTNL dirixiuse ao Concello de Vigo para solicitarlle a modificación das bases que regulan a creación dunha bolsa de emprego para o nomeamento de técnicos/as de normalización lingüística. A petición da CTNL consiste na modificación do grupo de contratación, que debe ser A1.
No
Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra do 5 de xullo de 2017, o Concello de Vigo publicou as
bases reitoras e convocatoria do proceso selectivo para a formación dunha bolsa de emprego que permita os nomeamentos interinos de técnicos/as de normalización lingüística. Mais nas bases especifícase que a contratación será no
subgrupo A2 e denomínanse as prazas como
técnico medio de normalización lingüística.
Por este motivo, o pasado 14 de xullo a CTNL dirixiu un escrito ao Concello de Vigo para solicitar que se modifiquen estas bases do seguinte xeito:
1. Que se estableza que a bolsa de emprego sexa para o nomeamento interino de
técnicos/as de normalización lingüística, subgrupo A1 da función pública.
2. Consecuentemente, que na base II.e) se fixe como requisito dos/das aspirantes a
titulación de grao ou de licenciatura.
Xustificáronse estas peticións con varios argumentos:
- Debido ás
funcións que se teñen que desenvolver e aos
coñecementos e capacidades necesarias, as prazas de TNL deben ser do
subgrupo A1 (anexouse unha
proposta de funcións elaborada pola CTNL para o Encontro de Política Lingüística Municipal que tivo lugar en Santiago de Compostela o 16 de novembro de 2015).
- Nas
convocatorias de axudas que a
Xunta de Galicia destina á creación e mantemento de servizos de normalización lingüística recóllese que
o persoal técnico debe estar integrado no grupo I de cotización do réxime xeral da Seguridade Social e requírense como
titulacións necesarias grao ou licenciatura equivalente.
Solicitude da CTNL, en .pdfAnexo á solicitude, en .pdf.ADDENDAAcordo da Xunta de Goberno Local en relación con este escrito, publicado no BOP do 12 de setembro.