28-07-2017Volve o LGx15 e ti podes participar!
Xa temos data para a vindeira edición do LGx15: o xoves 9 de novembro.
E este ano temos unha proposta nova: queremos que teñas a palabra para influír no uso e prestixio da lingua.
Podes ser ti (si, ti!) unha das persoas que interveña contando as súas experiencias, reflexións, propostas e ideas para o futuro da lingua. Inscríbete en info@ctnl.gal até o 17 de setembro.
QUE IDEAS!?No LGx15 2017 queremos que ti teñas a palabra para o futuro da linguaInterésannos un mundo
as túas ideas, reflexións, propostas, experiencias, etc., para o futuro da lingua. A nós, si, pero seguro que a moitísima máis xente. Porque seguro que tes argumentos ou experiencias que poden, e queren, influír no futuro do galego, no seu uso e prestixio.
Sobes contárnolas o 9 de novembro ao escenario do LGx15 na Sala Capitol de Santiago?Envíanos un
correo a info@ctnl.gal cun documento cos teus datos e explicándonos, nunha única páxina, quen es, de que che gustaría falar, e especificando todo o que consideres oportuno para convencernos de que si, de que tes que subir ao escenario do LGx15, de que as túas ideas e propostas para o futuro da lingua teñen que ser alí escoitadas, gravadas e difundidas. Tes de
prazo para facelo
até o 17 de setembro, pero canto antes o envíes, por nós mellor.
Entre todas as candidaturas recibidas –que permanecerán no anonimato en todo momento–, a comisión organizadora do LGx15 escollerá un mínimo de dúas, que se incluirán no programa do LGx15 2017 xunto co resto de intervencións, sen diferenciar cales foron seleccionadas por autocandidatura e cales non, para que todo o mundo interveña en igualdade de condicións.
Veña, que ti tes moito que dicir e queremos escoitarte!