28-08-2017Convocatoria urxente dunha praza temporal de TNL no Concello da Laracha

URXENTE: o Concello da Laracha
anunciou o pasado venres, 25 de agosto, a convocatoria urxente dunha
praza temporal de técnico/a de normalización lingüística.
Prazo para presentar solicitudes:
5 días naturais.
O
Concello da Laracha anunciou a
convocatoria urxente dunha
praza temporal de
técnico/a de normalización lingüística.
FUNCIÓNS DA PRAZASerán as propias dun/dunha técnico/a de normalización lingüística, de acordo coa
orde do 6 de abril de 2017 da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
XORNADA DE TRABALLO E DURACIÓN DO CONTRATO O contrato de traballo será temporal por obra ou servizo determinado, dende a sinatura do contrato
ata o 15 de outubro de 2017. A xornada laboral será a tempo completo.
REQUISITOS DE TITULACIÓNGrao en Lingua e Literatura Galegas, grao en Estudos de Galego e Español, grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios, as licenciaturas equivalentes aos ditos graos ou outras titulacións superiores pertencentes á área de Humanidades ou de Ciencias Xurídicas e Sociais, sempre que estean en posesión do certificado de lingua galega do nivel 5 (Celga 5)
SISTEMA DE SELECCIÓN A selección efectuarase mediante
concurso, onde se valorarán cursos de formación e experiencia laboral.
PRAZOSerá de
5 días naturais desde o día seguinte á publicación da convocatoria no web do Concello da Laracha e no taboleiro de anuncios (publicación o 25 de agosto de 2017), é dicir,
até o 30 de agosto.
TAXASA taxa de participación no proceso selectivo ascende a
14 euros.
Bases completas, en .pdf.