15-09-2017Bases para a formación dunha bolsa de emprego de TNL no Concello da Pobra do Caramiñal
O
Concello da Pobra do Caramiñal publicou no BOP da Coruña as bases que rexerán o proceso selectivo para a formación dunha bolsa de emprego de
técnico/a de normalización lingüística. A selección farase mediante
concurso-oposición. O
prazo para presentar solicitudes será de
7 ou 10 días naturais (por erro aparecen os dous prazos no BOP).
O
Concello da Pobra do Caramiñal anuncia un proceso selectivo (concurso-oposición) co fin de elaborar unha bolsa de emprego para contratar un/unha
técnico/a de normalización lingüística en réxime de
contratación laboral temporal, até o 31 de decembro de 2017.
FUNCIÓNS DA PRAZASerán as propias dun/dunha técnico/a de normalización lingüística, de acordo coa listaxe da
convocatoria de axudas para SNL da Deputación da Coruña. Daquela, divídense en funcións xerais internas, de dinamización lingüística, de formación (socio)lingüística, de asesoramento lingüístico interno e de coordinación con outras administracións.
REQUISITOS DE TITULACIÓN- licenciatura en Filoloxía Galego-Portuguesa, Filoloxía Galega ou Filoloxía Hispánica (subsección Galego-Portugués)
- grao en Lingua e Literatura Galegas,
- outras titulacións de grao ou licenciatura sempre que se estea en posesión do certificado de lingua galega do nivel 5 (Celga 5)
SISTEMA DE SELECCIÓN A selección efectuarase mediante
concurso-oposición. A fase de
oposición (30 puntos como máximo) dividirase nas seguintes probas:
1º exercicio: cuestionario de 30 preguntas e mais 5 de reserva.
2º exercicio: suposto práctico relacionado cos contidos do programa e coas funcións do posto de traballo.
Na fase de
concurso valoraranse a experiencia laboral e a formación complementaria (10 puntos como máximo).
PRAZOSerá de
7 ou 10 días naturais desde o seguinte á publicación da convocatoria no
Boletín Oficial da Provincia da Coruña, é dicir, até o 22 de setembro ou até o 25 de setembro.
Nota: na convocatoria figuran por erro os dous prazos. Á falta da publicación da correspondente corrección de erros ou dun anuncio oficial desde o web do concello, mantemos este dato tal e como aparece na convocatoria.
Convocatoria, bases, temario e modelo de solicitude, en .pdf