CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Lingua


12341 votos
Votar | | | |


11-10-2017

O 9 de novembro: nova edición do LGx15!

LGx15 2017
O vindeiro 9 de novembro haberá unha nova edición do LGx15. Ideas para o futuro da lingua. Teremos outra vez oito presentacións que nos transmitirán de maneira visual, entretida e divertida ideas, argumentos e consellos para influír nas actitudes e na conciencia lingüística. Haberá ademais humor e música, é dicir, consistirá nun evento festivo e divertido para reflexionarmos sobre o futuro da lingua. Será ás 18 h na Sala Capitol de Compostela.


Con intervencións dun máximo de 15 minutos, os/as convidados/as desta edición falarannos de temas tan variados coma a economía social, as tendencias, a educación e a crianza, a dobraxe, a autoconciencia e a conciencia colectiva, a necesidade do uso da lingua, o humor, as síndromes que nos caracterizan... Diferentes aspectos que nos axudarán a reflexionar sobre o futuro da nosa lingua con novos argumentos e alento reforzado. Haberá tamén música en directo e humor. Un formato diferente para falar do futuro da lingua e intentar influír no imaxinario colectivo arredor do idioma lanzando propostas, mensaxes, experiencias e ideas.

Cando? Onde?
Terá lugar o xoves 9 de novembro, ás 18.00 h, na Sala Capitol de Santiago de Compostela. As entradas para o evento xa están á venda ao prezo de 6 euros (na rede aquí, e fisicamente na Tenda A Reixa, situada no número 46 da compostelá rúa do Hórreo. O día do evento custarán 10 € na billeteira).

Quen intervén este ano?
En LGx15 intervirán Alonso Caxade (músico, mestre e pai, que nos falará sobre crianza e docencia), Cecilia Fernández (editora xefa da revista Coolt, quen trae o tema das tendencias ao LGx15), Iria Veiga (médica psiquiatra, que nos vai presentar a síndrome do Noroeste), José Antonio Rubal (especialista en dobraxe e en "ondas vitais" para o galego), Nuria Espasandín (estudante e youtubeira, que ten claro que o galego non é unha peza de museo), Patricia Buxán e Miguel Braña (tradutores e socios de Catro Ventos Editora, que nos van descubrir a importancia da lingua na economía social), Pedro Brandariz (humorista que sabe que se poden conseguir moitos avances facendo o humor), e Alba García, Fátima Fathallah, Brais García e Jonathan Blanco (estudantes do Club de Debate do IES Xulián Magariños de Negreira, que nos traerán as ideas para o futuro da lingua dos máis novos).

A música virá da man de MJ Pérez. E conducirá o acto o actor e divulgador científico Vicente Mohedano.


A primeira edición do LGx15 tivo lugar en novembro do ano 2015, e nela participaran Luís Iglesia, Xurxo Mariño, Lara Tigre, Manuel N. Singala, Carmen Grimaldi e Xosé Lois Vilar, ademais das actuacións de AldaoLado, Alba María e Xenderal. A segunda edición foi en novembro do ano pasado e contou coas intervencións de Alberte Lamazares, Belén Regueira, Elena Ferro, Diana Fernández e David Díaz (Bolboretas no bandullo), Marcus Fernández, María Yáñez, Mark Wiersma e Rosalía Fernández Rial, coa actuación musical dos Poetarras e a presentación dos regueifeiros Josinho da Teixeira e Luís O Caruncho.

Os vídeos desas diversas charlas poden verse en Youtube (2015 e 2016), pois unha parte fundamental deste proxecto é tamén a difusión desas ideas a través da rede.

LGx15 é, polo tanto, un cóctel en forma de evento organizado pola Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL), coa colaboración económica da Secretaría Xeral de Política Lingüística, e pensado para o entusiasmo, a diversión, a reflexión e o futuro do galego.

Máis información no web de LGx15 e no perfil de Facebook do evento.

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024

Avisos

    mes anterior
    Setembro de 2020
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
      1 2 3 4 5 6
    7 8 9 10 11 12 13
    14 15 16 17 18 19 20
    21 22 23 24 25 26 27
    28 29 30     
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Instagram da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Proxector
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego