01-11-2017Simposio ILG 2017, sobre a escrita en galego na Idade Moderna
Co título
Calen barbas, falen cartas. A escrita en galego na Idade Moderna, o
Simposio ILG 2017 convocará
entre o 20 e o 22 de novembro especialistas de diversas ramas do saber para abordaren desde cadanseu punto de vista a análise da produción escrita en lingua galega ao longo dos séculos XVI, XVII e XVIII. Elementos básicos desta análise serán, entre outros, a contextualización histórica e sociolingüística dos textos, a reconstrución da súa xénese e transmisión, a súa edición, a descrición e análise da lingua empregada neles, e o deseño de ferramentas para a análise e explotación dos datos lingüísticos que conteñen. Polo demais, o Simposio reservará un espazo para a presentación pública de Gondomar. Corpus dixital de textos galegos da Idade Moderna, un proxecto desenvolvido ao longo dos últimos anos no Instituto da Lingua Galega, así como para a reflexión sobre os desafíos que implica a construción de corpus especializados.
PROGRAMALuns, 20 de novembro16.00. Inauguración
16.30. Henrique Monteagudo (ILG-USC): "Panorama sociolingüístico da Galicia da Idade Moderna"
17.00. Pegerto Saavedra (USC): "Política e sociedade na Galicia na Idade Moderna"
17.30. Pausa
18.00. Ramón Mariño (ILG-USC): "Variación e cambios en marcha no galego medio"
18.30. José Luis Rodríguez Gómez (Real Biblioteca): "Pescudando no epistolario do conde de Gondomar coas ferramentas da
Text Mining"
19.00. Coloquio
20.00. Peche da sesión
Martes, 21 de novembro16.00. Ernesto González Seoane (ILG-USC): "O corpus Gondomar. Aspectos metodolóxicos"
16.30. Sandra Beis Silva (ILG-USC): "O corpus Gondomar: do facsímile á edición interpretativa"
17.00. Pausa
17.30. Joan Torruella (UAB-ICREA): "Un corpus documental para el estudio de las interferencias lingüísticas entre el español y el catalán"
18.00. Rita Marquilhas (CLUL-Universidade de Lisboa): "Um corpus especializado. O corpus de cartas históricas Post Scriptum"
18.30. Maarten Janssen (CELGA-ILTEC, Universidade de Coimbra) / Gael Vaamonde (CLUL, Universidade de Lisboa): "From traditional historical corpora to TEI-based corpora. Benefits And challenges in joining digital edition and corpus annotation"
19.00. Coloquio
20.00. Peche da sesión
Mércores, 22 de novembro16.00. Concepción Varela Orol (UdC): "Coleccionismo e cultura libraria na Idade Moderna"
16.30. Damián Suárez Vázquez (IES Baiona): "Un texto dramático inédito de Cernadas de Castro"
17.00. Pausa
17.30. Xosé Antonio Fernández Salgado (UVigo): "As décimas contra Cernadas"
18.00. Rosario Álvarez (ILG-USC): "Os textos en lingua galega dos
Ocios Poéticos do Padre Feijoo"
18.30. Julio González Montañés (EPA Pontevedra): "O galego no teatro dos xesuítas en Galicia (1572-1730)"
19.00. Coloquio
20.00. Clausura
Lugar: Salón de Graos da Facultade de Filoloxía da USC (Avda. Castelao, s/n, Campus Norte)
Inscrición: 30€, ou 15€ para estudantes, desempregados e pensionistas.
Inscricións abertas até o día 20 de novembro ás 12.00 h.
Máis información e inscrición, no
web no Instituto da Lingua Galega.