CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Formación


11524 votos
Votar | | | |


01-11-2017

Simposio ILG 2017, sobre a escrita en galego na Idade Moderna

Simposio ILG 2017
Do 20 ao 22 de novembro terá lugar en Santiago de Compostela o Simposio ILG 2017, co título Calen barbas, falen cartas. A escrita en galego na Idade Moderna. Está organizado polo Instituto da Lingua Galega en colaboración co Consello da Cultura Galega. Inscrición até o 20 de novembro ás 12.00 h.






Co título Calen barbas, falen cartas. A escrita en galego na Idade Moderna, o Simposio ILG 2017 convocará entre o 20 e o 22 de novembro especialistas de diversas ramas do saber para abordaren desde cadanseu punto de vista a análise da produción escrita en lingua galega ao longo dos séculos XVI, XVII e XVIII. Elementos básicos desta análise serán, entre outros, a contextualización histórica e sociolingüística dos textos, a reconstrución da súa xénese e transmisión, a súa edición, a descrición e análise da lingua empregada neles, e o deseño de ferramentas para a análise e explotación dos datos lingüísticos que conteñen. Polo demais, o Simposio reservará un espazo para a presentación pública de Gondomar. Corpus dixital de textos galegos da Idade Moderna, un proxecto desenvolvido ao longo dos últimos anos no Instituto da Lingua Galega, así como para a reflexión sobre os desafíos que implica a construción de corpus especializados.

PROGRAMA

Luns, 20 de novembro
16.00. Inauguración
16.30. Henrique Monteagudo (ILG-USC): "Panorama sociolingüístico da Galicia da Idade Moderna"
17.00. Pegerto Saavedra (USC): "Política e sociedade na Galicia na Idade Moderna"
17.30. Pausa
18.00. Ramón Mariño (ILG-USC): "Variación e cambios en marcha no galego medio"
18.30. José Luis Rodríguez Gómez (Real Biblioteca): "Pescudando no epistolario do conde de Gondomar coas ferramentas da Text Mining"
19.00. Coloquio
20.00. Peche da sesión

Martes, 21 de novembro

16.00. Ernesto González Seoane (ILG-USC): "O corpus Gondomar. Aspectos metodolóxicos"
16.30. Sandra Beis Silva (ILG-USC): "O corpus Gondomar: do facsímile á edición interpretativa"
17.00. Pausa
17.30. Joan Torruella (UAB-ICREA): "Un corpus documental para el estudio de las interferencias lingüísticas entre el español y el catalán"
18.00. Rita Marquilhas (CLUL-Universidade de Lisboa): "Um corpus especializado. O corpus de cartas históricas Post Scriptum"
18.30. Maarten Janssen (CELGA-ILTEC, Universidade de Coimbra) / Gael Vaamonde (CLUL, Universidade de Lisboa): "From traditional historical corpora to TEI-based corpora. Benefits And challenges in joining digital edition and corpus annotation"
19.00. Coloquio
20.00. Peche da sesión

Mércores, 22 de novembro

16.00. Concepción Varela Orol (UdC): "Coleccionismo e cultura libraria na Idade Moderna"
16.30. Damián Suárez Vázquez (IES Baiona): "Un texto dramático inédito de Cernadas de Castro"
17.00. Pausa
17.30. Xosé Antonio Fernández Salgado (UVigo): "As décimas contra Cernadas"
18.00. Rosario Álvarez (ILG-USC): "Os textos en lingua galega dos Ocios Poéticos
do Padre Feijoo"
18.30. Julio González Montañés (EPA Pontevedra): "O galego no teatro dos xesuítas en Galicia (1572-1730)"
19.00. Coloquio
20.00. Clausura

Lugar: Salón de Graos da Facultade de Filoloxía da USC (Avda. Castelao, s/n, Campus Norte)

Inscrición: 30€, ou 15€ para estudantes, desempregados e pensionistas.
Inscricións abertas até o día 20 de novembro ás 12.00 h.

Máis información e inscrición, no web no Instituto da Lingua Galega.

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022

Avisos

    mes anterior
    Outubro de 2022
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
              1 2
    3 4 5 6 7 8 9
    10 11 12 13 14 15 16
    17 18 19 20 21 22 23
    24 25 26 27 28 29 30
    31       
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • Gústame... o galego
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Axenda da lingua
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego