CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

CTNL


113 votos
Votar | | | |


30-01-2018

3 de marzo, asemblea xeral da CTNL e xantar

Asemblea da CTNL
O sábado 3 de marzo, a CTNL desenvolverá a súa Asemblea Xeral anual. Terá lugar a partir das 10:30 da mañá no espazo cultural A Nave de Vidán. Posteriormente celebrarase un xantar de confraternidade lingüística no mesmo espazo, ao cal poden acudir socios/as e non socios/as.


ASEMBLEA ANUAL DA CTNL
A Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) reúnese en Asemblea Xeral ordinaria o sábado 3 de marzo, a partir das 10.30 h en primeira convocatoria e ás 11.00 h en segunda, na Nave de Vidán, en Santiago de Compostela.

-Día: sábado 3 de marzo de 2018
-Hora: primeira convocatoria, ás 10.30 h; segunda convocatoria, ás 11.00 h
-Lugar: Restaurante Espazo Cultural A Nave de Vidán (avda. da Mestra Victoria Míguez, 44, Santiago de Compostela)

Orde do día:
1. Lectura e aprobación da acta da asemblea anterior [Acta da Asemblea Xeral do 11 de febreiro de 2017, en .pdf]
2. Admisión de novas/os socias/os e ratificación de baixas
3. Exposición, debate e aprobación do informe de xestión [Informe-memoria de xestión 2017-2018, en .pdf]
4. Exposición, debate e aprobación do informe de contas
5. Elección de nova Xunta Directiva [Candidatura para a Xunta Directiva 2018-2020, en .pdf]
6. Exposición, debate e aprobación do plan de acción para o próximo exercicio [Proposta de liñas de acción 2018, en .pdf]
7. Presentación e aprobación do orzamento para o vindeiro exercicio
8. Rolda aberta de intervencións

Documentación para a Asemblea
Para preparar mellor as achegas e propostas das/dos participantes na asemblea e así facermos entre todas e todos una asemblea máis áxil, dinámica, participativa e produtiva, unha semana antes da asemblea poderá consultarse no web a documentación necesaria.

As/Os socias/os poden remitir ao enderezo electrónico info@ctnl.gal todas as ideas e propostas que teñan e que crean que a CTNL pode desenvolver, alén de presentar propostas, suxestións e ideas na propia asemblea.

Elección da Xunta Directiva
A asemblea deste ano inclúe na orde do día a elección dunha nova Xunta Directiva. Se queres presentar candidatura, lembrámosche que, segundo os estatutos da CTNL, a Xunta Directiva estará integrada por un/unha presidente/a, un/unha secretario/a, un/unha tesoureiro/a e seis vogais (art. 24) e que os cargos da Xunta Directiva terán unha duración de dous anos (art. 25). Deste xeito, poderanse presentar candidaturas á Xunta Directiva até 72 horas antes da Asemblea (até mércores 28 de febreiro, ás 10.30 h), para o que se deberá enviar a candidatura por correo electrónico a info@ctnl.gal, e nela que deberán figurar os nomes, apelidos e números de documentos de identidade dos/as socios/as que a compoñen, e sempre co visto e prace desas persoas.

Convocatoria completa, en .pdf

XANTAR DE CONFRATERNIDADE LINGÜÍSTICA
O mesmo día da Asemblea da CTNL teremos, no mesmo espazo, un xantar aberto de confraternidade lingüística, no cal pode participar calquera persoa interesada en compartir connosco unhas horas de conversa e boa comida.
• Lugar: Restaurante A Nave de Vidán | www.anavedevidan.com
• Hora: 14.30 h
• Menú: cocido (sopa, cacheira, lacón, costela, polo, vitela, garavanzos, patacas, grelos, chourizos, filloas, pan, viños, cafés e licores).
• Prezo: 25 euros
• Confirmación: agradecemos a confirmación de asistencia ao xantar o máis axiña posible. En todo caso, até o 26 de febreiro, no enderezo info@ctnl.gal ou no teléfono 629571950.


Ligazóns relacionadas


Convocatoria Asemblea Xeral da CTNL 2018

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018

Avisos

    mes anterior
    Abril de 2018
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
                1
    2 3 4 5 6 7 8
    9 10 11 12 13 14 15
    16 17 18 19 20 21 22
    23 24 25 26 27 28 29
    30       
    Próximos eventos

    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • Asociate á CTNL
    • Gústame... o galego
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • Proposta para a mellora da planificación e xestión dos Celga
    • Traballarmos en dinamización lingüística | Isa Vaquero
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Axenda da lingua
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Kit para a normalización da lingua
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego