CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

CTNL


14113 votos
Votar | | | |


05-03-2018

Nova Xunta Directiva da CTNL e aprobadas as liñas de acción para 2018

Asemblea
O pasado 3 de marzo tivo lugar en Santiago de Compostela a Asemblea Xeral ordinaria da CTNL. Nela aprobáronse as liñas de acción para este ano 2018 e elixiuse unha nova Xunta Directiva.




O sábado pasado tivo lugar a Asemblea Xeral ordinaria da CTNL, a cita para dar conta do traballo desenvolvido durante o ano pasado e para aprobar o que se intentará levar a cabo durante o 2018.

Elección dunha nova Xunta Directiva

De acordo cos estatutos da CTNL, este ano correspondía elixir unha nova Xunta Directiva, que se fará cargo da xestión da CTNL durante dous anos. Foi elixida por unanimidade a única candidatura presentada, formada por: Anxos Sobriño Pérez (presidenta), Silvia Muíño Naveira (secretaria), David Cobas Medín (tesoureiro) e, como vogais, María Adela Pita Permuy, Estela Suárez Recouso, Mónica Fernández Valencia, Xesús M. Mosquera Carregal, Tono Formoso Lado e Socorro García Conde.

Tras esta renovación, deixaron de formar parte da Xunta Directiva, despois de moitos anos de dedicación, Rosa Moreiras Cuñarro, Dores Sánchez Alegre e Queca Carballo Coello. A Asemblea agradeceulles o seu magnífico traballo.

Liñas de acción para 2018

Como é habitual, na asemblea avaliouse tamén o traballo desenvolvido durante o último ano e aprobáronse as liñas de acción para 2018, que incluirán actividades como o LGx15, accións formativas, seguimento da política lingüística das institucións, difusión de accións para a mellora do uso e prestixio da lingua, etc.

Liñas de acción para 2018, en .pdf

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024

Avisos

    mes anterior
    Marzo de 2024
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
            1 2 3
    4 5 6 7 8 9 10
    11 12 13 14 15 16 17
    18 19 20 21 22 23 24
    25 26 27 28 29 30 31
    Próximos eventos

      • Asociate á CTNL
      • Agasallo. Propostas de regalos en galego
      • LGx15
      • Premios Mil Primaveras
      • Viveiro de propostas normalizadoras
      • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
      • Envianos
      • Canles de novas da CTNL
      • Facebook da CTNL
      • Twitter da CTNL
      • Instagram da CTNL
      • Kit para a normalización en rede
      • Proxector
      • Queremos Galego
      • Eu.gal: Por un dominio galego