02-04-2018Convocadas as axudas da Xunta de Galicia dirixidas ás entidades locais para promoveren o uso da lingua galega
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria anunciou a
convocatoria de subvencións ás entidades locais para a promoción do uso da lingua galega. O
prazo para solicitar estas axudas
remata o 2 de maio.
No DOG de hoxe, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publicou a
orde do 16 de marzo de 2018 pola que se establecen as bases para a concesión de
subvencións ás entidades locais de Galicia para a promoción do uso da lingua galega e se procede á súa convocatoria (ED115A). Estas axudas son xestionadas pola
Secretaría Xeral de Política Lingüística.
MODALIDADES QUE SE SUBVENCIONAN1. Creación dun servizo de normalización lingüística
2. Mantemento ou reforzamento dun servizo de normalización lingüística
3. Desenvolvemento de dinamización lingüística dunha entidade local carente de servizo de normalización lingüística.
DESTINATARIOS-Concellos ou agrupamentos de concellos con poboación igual ou superior aos 3000 habitantes
PERÍODO QUE COMPRENDEN AS AXUDAS-Do 1 de xaneiro ao 15 de outubro de 2018
PRAZO DE SOLICITUDE-Un mes desde o día seguinte da publicación das bases, é dicir,
até o 2 de maio de 2018PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES- As solicitudes presentaranse unicamente por medios electrónicos, a través do formulario normalizado dispoñible na
sede electrónica da Xunta de Galicia (anexo I da convocatoria).
CRITERIOS DE VALORACIÓN-Pertenza á Rede de Dinamización Lingüística
-Poboación
-Consideración estratéxica do servizo de normalización lingüística
-Calidade da programación de dinamización lingüística: implicación doutras entidades, incidencia nos ámbitos prioritarios, adecuación das propostas aos obxectivos de promoción do uso e do prestixio da lingua
-Inclusión de formación lingüística
-Continuidade do SNL (só para o mantemento de SNL)
ÁMBITOS PRIORITARIOS DE INTERVENCIÓN-Deporte
-Mocidade
-Tecnoloxías da información e da comunicación
-Tecido económico empresarial
-Servizos sociais
Así mesmo, na convocatoria deste ano 2018 inclúese no
artigo 6 bis a necesidade de que nas accións e actuacións obxecto de subvención se inclúa o
contido transversal de promoción activa da igualdade entre mulleres e homes, a través do uso da linguaxe non sexista, da integración da perspectiva de xénero, do respecto á diversidade e á diferenza, da igualdade de trato e de oportunidades, etc.
ORZAMENTOO orzamento total máximo que a Xunta lle dedica a esta convocatoria, para todos os concellos, é de
245.000 euros.
A orde completa, en .pdf, pode consultarse
aquí.
ADDENDA:-
Resolución do 5 de xullo de 2018, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se conceden subvencións ás entidades locais de Galicia para a promoción do uso da lingua galega, ao abeiro da convocatoria regulada na Orde do 16 de marzo de 2018, en -pdf