26-04-2018Terceira edición do concurso de música infantil e xuvenil Quero Cantar!

A
Deputación Provincial da Coruña publicou as
bases da
terceira edición do concurso de música infantil e xuvenil "Quero Cantar", que ten como obxectivo promover e difundir o uso da lingua galega e a creatividade poética e musical. O
prazo é até o
19 de outubro de 2018.
No BOP do 24 de abril de 2018, publicáronse as
bases do III Concurso de música infantil e xuvenil “Quero Cantar”, organizado pola Deputación Provincial da Coruña co fin de
promover e difundir o uso da lingua galega e a
creatividade poética e musical.
QUEN PODE PARTICIPAR?Calquera grupo ou solista de
ámbito galego que presente e interprete unha composición con letra e música orixinais e inéditas en lingua galega. De acordo coas idades establécense dúas categorías:
-
Categoría A. Infantil: un máximo de 12 compoñentes de até 12 anos.
-
Categoría B. Xuvenil: un máximo de 12 compoñentes de entre 13 e 16 anos.
En ambas as categorías está permitido que haxa unha persoa que supere o límite de idade. Así mesmo, na categoría B poderá haber integrantes con menos idade (non máis do 50%).
QUE SE NECESITA?Os grupos deben presentar unha solicitude no modelo normalizado dispoñible no
web do concurso,
no da Deputación Provincial ou no Rexistro Xeral da Deputación. Coa solicitude deben achegarse:
- Maqueta da composición en formato audiovisual (Mp4) ou só audio (Mp3, WAV, ou Ogg Vorbis).
- Relación de compoñentes do grupo.
- Descrición das necesidades técnicas e de escenario.
- Breve biografía do grupo.
- Documento de aceptación das bases do concurso e de cesión dos dereitos de imaxe.
CAL É O PRAZO PARA PARTICIPAR?O
prazo de presentación das solicitudes
remata o 19 de outubro de 2018. As solicitudes preséntanse na sede electrónica da Deputación da Coruña ou no seu Rexistro Xeral, de acordo co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas.
CALES SON OS PREMIOS?- Os
cinco primeiros clasificados de cada categoría gravarán en estudio a súa canción, que será editada no CD
Quero Cantar 2018.
Podemos descargar os discos das dúas primeiras edicións
aquí.
O
terceiro clasificado en cada categoría gañará material musical e/ou produtos culturais en galego por valor de 500 €.
O
segundo clasificado en cada categoría gañará material musical e/ou produtos culturais en galego por valor de 1000 €.
O
primeiro clasificado en cada categoría gañará material musical e/ou produtos culturais en galego por valor de 1500 € e gravará un videoclip coa canción gañadora.
Información máis detallada nas
bases (en .pdf) e no
web de Quero Cantar.