CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

CTNL


13560 votos
Votar | | | |


24-05-2018

A CTNL reclama ao Concello de Vimianzo a continuación e a estabilización do SNL

Concello de Vimianzo
Tras máis de tres meses desde que finalizou o proceso selectivo e case cinco sen servizo de normalización lingüística (SNL), o Concello de Vimianzo aínda non cubriu a praza de TNL convocada en xaneiro. A CTNL solicitoulle que cubra a praza e que dea estabilidade ao servizo de normalización lingüística.


Os concellos de Vimianzo e Zas levan varios anos compartindo un servizo de normalización lingüística inestable, que aparece uns meses ao ano e desaparece outros. Por mor diso, a CTNL, consciente de que esta situación de inestabilidade do servizo de normalización lingüística prexudica o traballo de promoción do uso e prestixio da lingua que lle compete ás administracións locais, en xaneiro de 2016 solicitou, entre outras cousas, a estabilización do servizo, cunha forma de contratación que permitise consolidar un departamento técnico necesario para planificar, xestionar, executar e avaliar a política lingüística municipal.

Con todo, a comezos do ano 2018 encontrámonos cunha situación semellante á xa vivida no 2016: o 31 de decembro de 2017 deixou de existir o servizo de normalización lingüística compartido por ambos os concellos e o 19 de xaneiro de 2018 o Concello de Vimianzo convocou un novo proceso selectivo que se desenvolveu ata a segunda metade do mes de febreiro. Este proceso de escolla de aspirantes está acabado desde o 19 de febreiro de 2018 sen que se efectuase a contratación da persoa proposta polo tribunal, cando xa hai tres meses desde que finalizou o proceso selectivo e cinco sen que o Concello de Vimianzo teña servizo de normalización lingüística.

Simultaneamente a este proceso selectivo tivo lugar un procedemento xudicial iniciado pola técnica responsable do servizo nos últimos anos, xuízo que se resolveu co recoñecemento como improcedente do despedimento da traballadora o 31 de decembro de 2017. Con todo, a entidade local, en lugar de readmitila e optar por unha forma de contratación que permitiría estabilizar o departamento técnico de normalización lingüística e dar un servizo de calidade á cidadanía, escolleu indemnizala economicamente a pesar de ser a candidata que obtivo maior puntuación no último proceso selectivo.

DECLARACIÓNS DO ALCALDE DE VIMIANZO

Ante esta situación, na edición de Carballo de La Voz de Galicia do 18 de maio de 2018, reprodúcense as valoracións do alcalde de Vimianzo tras a resolución do procedemento xudicial. Nelas Manuel Antelo despreza a utilidade e necesidade dun departamento de normalización lingüística estable e permanente, que permitiría dar un servizo de calidade, e condiciona a súa existencia ás axudas que recibe doutras administracións. Polo tanto, deixa en mans de terceiros a responsabilidade do propio concello en materia de normalización da lingua galega.

Por outra parte, suxire precarizar aínda máis o servizo de normalización lingüística propondo rotar os/as traballadores/as que poidan traballar nel co fin de evitar que lles sexan recoñecidos dereitos laborais. Non propón esta forma de contratación porque beneficie o traballo de normalización da lingua galega, pois non favorece contar cada certo tempo cun traballador diferente que necesita un período de adaptación ao traballo municipal. Tampouco a propón porque sexa máis xusta e equitativa coas persoas candidatas ao posto de técnico/a de normalización lingüística, pois unha contratación nun período curto de tempo non é a mellor opción para afianzar a experiencia e mellorar no traballo. Polo contrario, propón esta forma de contratación para que os/as traballadores/as dun servizo non poidan exercer os seus dereitos laborais.

A CTNL considera unha grande irresponsabilidade que un alcalde suxira estratexias para que un servizo público, neste caso o servizo de normalización lingüística, se desenvolva con menos eficacia e calidade co obxectivo de coartar a reclamación dos dereitos laborais dos seus traballadores. Un responsable municipal que realmente estea interesado en exercer da mellor maneira posible a competencia de promoción do uso e do prestixio da lingua que lle corresponde á administración que dirixe debería buscar a forma de ofrecer o mellor servizo posible e non procurar mecanismos para precarizalo máis do que xa está.

A CTNL dirixiuse ao Concello de Vimianzo para solicitarlle, por unha parte, que se retome o servizo de normalización lingüística (SNL) coa contratación dun/dunha técnico/a de normalización lingüística de acordo co proceso selectivo resolto en febreiro de 2018. E, por outra parte, pediulle a consolidación do SNL tras funcionar durante máis de dez anos de forma inestable.

Os servizos de normalización lingüística son os departamentos técnicos dos concellos que teñen como finalidade impulsar o uso e o prestixio da nosa lingua en todos os seus ámbitos de influencia e, así, cumprir coa súa obriga legal e responsabilidade social de contribuír ao proceso de normalización lingüística. Daquela, unha entidade local que aspira a exercer as súas competencias en normalización lingüística da mellor forma posible debe dotarse dun servizo de normalización lingüística estable e permanente para planificar, xestionar, executar e avaliar accións de normalización lingüística efectivas, colaborar de forma continuada con outras entidades co fin de favorecer o proceso de normalización lingüística e, en definitiva, desenvolver unha política lingüística máis eficaz desde a Administración local.

Escrito dirixido ao Concello de Vimianzo, en .pdf.


Ligazóns relacionadas


Nota de prensa

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024

Avisos

    mes anterior
    Marzo de 2024
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
            1 2 3
    4 5 6 7 8 9 10
    11 12 13 14 15 16 17
    18 19 20 21 22 23 24
    25 26 27 28 29 30 31
    Próximos eventos

      • Asociate á CTNL
      • Agasallo. Propostas de regalos en galego
      • LGx15
      • Premios Mil Primaveras
      • Viveiro de propostas normalizadoras
      • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
      • Envianos
      • Canles de novas da CTNL
      • Facebook da CTNL
      • Twitter da CTNL
      • Instagram da CTNL
      • Kit para a normalización en rede
      • Proxector
      • Queremos Galego
      • Eu.gal: Por un dominio galego