30-05-2018Este verán... en Carballo estaremos traballando na calidade da lingua

Chega un novo curso de verán organizado pola
Universidade da Coruña coa colaboración da
Secretaría Xeral de Política Lingüística, do
Concello de Carballo e da CTNL.
Este ano non tratará sobre dinamización lingüística, senón que se dedicará á análise da calidade da lingua e a facer propostas e divulgar ferramentas de mellora. Será no Fórum Carballo
o 18 e o 19 de xullo. A matrícula está aberta
até o 15 de xullo.
O
Curso de Verán Traballando na Calidade da Lingua centrarase na
calidade no uso da lingua, en como
potenciarmos unha lingua de calidade e nas ferramentas para a transmitirmos desde diversos ámbitos, cal o ensino, a tradución, as novas tecnoloxías etc. As sesións constan de palestras, mesas redondas e obradoiros prácticos en que se analizan cuestións fonéticas, gramaticais, fraseolóxicas, textuais etc., de forma a aprimoraren o uso oral e escrito da lingua galega. Alén disto, tamén se dedican sesións destinadas a reparar na importancia dun galego de calidade nos medios audiovisuais en xeral e tamén no ámbito do humor en particular.
OBXECTIVOS- Analizar o que distingue unha lingua de calidade doutras variedades e usos lingüísticos.
- Dar a coñecer e avaliar experiencias que camiñan no fomento da calidade da lingua desde diversos ámbitos e en como a calidade lingüística pode coadxuvar no proceso de normalización do idioma.
- Propor medidas para mellorar a utilización da lingua galega, cando menos no ámbito público.
PERSOAS DESTINATARIASPersoas que traballan ou que están interesadas no proceso de normalización da lingua galega, especialmente técnicos/as de normalización lingüística, docentes, tradutores/as, correctores/as, estudantado etc.
INSCRICIÓN ABERTA, CON PRAZAS LIMITADAS E DESCONTOS PARA SOCI@S DA CTNLO
prazo de matrícula neste curso está aberto até o
15 de xullo de 2018, e o número de prazas está limitado a 65 persoas, que se cubrirán por orde de inscrición.
O prezo xeral do curso é de
50 €, mais o estudantado de calquera universidade, a comunidade universitaria da UdC, as persoas desempregadas e os/as socios/as da CTNL teñen unha
tarifa reducida de 30 €. Este prezo inclúe, ademais de todas as actividades e material do curso, os cafés conxuntos e os xantares dos dous días.
A
matrícula débese facer
a través da Oficina de Cursos da UdC.
ONDE É O CURSO?O curso terá lugar no
Fórum Carballo, praza dos Bombeiros Voluntarios, s/n, 15100 Carballo, A Coruña (
situación en Google Maps).
PROGRAMAO programa e a información completa do curso, alén de
posibilidades de aloxamento, poden consultarse no
web www.traballandoenlingua.gal. Así mesmo, podes estar atenta/o á
páxina de Facebook do curso ou ás redes sociais da CTNL.
Programa completo en .pdf