CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Lingua


10780 votos
Votar | | | |


14-06-2018

Ordenanza para o impulso social da lingua galega no Concello do Grove

Ordenanza de NL do Grove
O Concello do Grove acaba de aprobar a súa Ordenanza para o impulso social da lingua galega. Tras a aprobación provisional o 26 de marzo e logo da fase de información pública, publicouse definitivamente no BOP de Pontevedra do 13 de xuño de 2018.


O Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra do 13 de xuño de 2018 publicou a aprobación definitiva da Ordenanza para o impulso social da lingua galega no Concello do Grove, unha proposta que foi aprobada no Pleno municipal o 26 de marzo de 2018.

Este texto do Concello do Grove declara o galego como lingua oficial do Concello, por ser lingua propia e oficial de Galicia e sen prexuízo da cooficialidade do castelán. Por tanto establécese o uso da lingua galega "en todas as súas accións, nas súas actuacións administrativas, na documentación, na comunicación social, e nas relacións coas cidadás, cos cidadáns e con todas as entidades situadas en Galicia e con aqueloutras que admitan o galego para as actuacións administrativas".

Ao longo dos seus 14 capítulos e 23 artigos, regúlase o uso do galego e a acción lingüística do concello na atención ao público; na documentación e actuación administrativa; nas publicacións, accións informativas, formativas e actividades públicas; na sinalización e rotulación; nas relacións con outras administracións; nas relacións con empresas privadas; polo persoal ao servizo da administración, e na toponimia e nomes de rúas, lugares ou edificios. Tamén se establece a responsabilidade do concello no impulso institucional do idioma, a necesidade de coidar a calidade lingüística e o uso dunha linguaxe democrática e inclusiva, e os mecanismos de cumprimento e seguimento da ordenanza.

O SERVIZO DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA(SNL)

Os obxectivos e as funcións do Servizo de Normalización Lingüística (SNL) municipal tamén quedan establecidas nesta ordenanza (art. 22), e indícase que debe estar "dotado con medios materiais e humanos suficientes co obxecto de impulsar a normalización e procurar o incremento do uso e prestixio do idioma galego a todos os niveis e ámbitos sociais, e de coordinar as accións necesarias para darlle cumprimento á ordenanza". Así mesmo, enumera as súas tarefas nas áreas de dinamización sociolingüística, formación sociolingüística, asesoramento lingüístico e funcións xerais.

Ordenanza para o impulso social da lingua galega no Concello do Grove, en .pdf

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022

Avisos

    mes anterior
    Maio de 2022
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
                1
    2 3 4 5 6 7 8
    9 10 11 12 13 14 15
    16 17 18 19 20 21 22
    23 24 25 26 27 28 29
    30 31      
    Próximos eventos

      • Asociate á CTNL
      • Agasallo. Propostas de regalos en galego
      • LGx15
      • Premios Mil Primaveras
      • Viveiro de propostas normalizadoras
      • Gústame... o galego
      • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
      • Axenda da lingua
      • Envianos
      • Canles de novas da CTNL
      • Facebook da CTNL
      • Twitter da CTNL
      • Kit para a normalización en rede
      • Queremos Galego
      • Eu.gal: Por un dominio galego