27-06-2018Praza de técnico/a de normalización en Abegondo: bases xerais e específicas da convocatoria
O
Concello de Abegondo publica no
Boletín Oficial da Provincia da Coruña de hoxe as
bases específicas reguladoras da convocatoria de selección para a cobertura definitiva dunha praza de técnico/a de normalización lingüística, incluída na
oferta de emprego público do ano 2017. O pasado
21 de febreiro publicáranse no mesmo medio as
bases xerais, que regulan entre outras cousas os requisitos xerais, a forma de presentación de instancias e o prazo.
REQUISITOS DOS/DAS ASPIRANTESAlén dos establecidos nas bases xerais (idade, non padecer enfermidade que impida o desenvolvemento das tarefas do posto, etc.), os
requisitos de titulación son: título de licenciatura/grao en filoloxía galego-portuguesa, filoloxía galega ou filoloxía hispánica (sección galego-portuguesa) ou outras titulacións superiores pertencentes á área de humanidades ou de ciencias xurídicas sociais, sempre que estean en posesión do certificado de lingua galega do nivel 5 (Celga 5).
PROCEDEMENTO DE SELECCIÓNO sistema de selección será o
concurso-oposición (60% da nota corresponderá á oposición e 40% ao concurso).
PROBAS DA FASE DE OPOSICIÓNA totalidade desta fase terá unha
cualificación máxima global de 60 puntos, e consistirá na realización dos seguintes exercicios:
-
Exame teórico, de carácter eliminatorio e obrigatorio, que consistirá nun
test de 60 preguntas que comprenderán a parte xeral e a parte específica do temario.
-
Exame práctico, de carácter eliminatorio e obrigatorio, que consistirá no desenvolvemento dun
suposto práctico referido ao contido do temario.
O
temario, de 30 temas na parte xeral e 60 na parte específica, figura como
anexo das bases específicas.
FASE DE CONCURSOA
puntuación máxima posible desta fase é de 40 puntos. Valoraranse os seguintes méritos:
-
Experiencia profesional en postos semellantes nas administracións públicas (2 puntos por ano, ata un máximo de 24) ou en entidades asociativas ou empresas privadas (1,5 puntos por ano ata un máximo de 9). A experiencia profesional valorarase cun máximo de 33 puntos.
-
Docencia de cursos de lingua galega, ata 2 puntos.
-
Publicacións en lingua galega, ata 2 puntos.
-
Formación relacionada co posto de traballo, ata 3 puntos.
PRESENTACIÓN DE INSTANCIASDe acordo coas bases xerais, as instancias presentaranse no
modelo que proporciona a Administración a través da súa sede electrónica ou do rexistro xeral, e irán acompañadas da documentación habitual: copia do título requirido, DNI, xustificante de aboamento das taxas, relación de méritos, declaración xurada, etc.
A solicitude presentarase
a través de calquera das seguintes vías: Rexistro Xeral do Concello, Rexistro Telemático, sistema de intercambio de rexistros, oficinas de correos ou calquera das establecidas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
DEREITOS DE EXAMEO dereitos de exame establécense en
50,00 €.
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDESSerá de
20 días naturais, que contarán
a partir do seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado (BOE),
anuncio que se publicou o 28 de agosto de 2018. Daquela, o prazo de presentación de solicitudes é
do 29 de agosto ao 17 de setembro de 2018.
Información completa:
-
Bases xerais, en .pdf-
Bases específicas, en .pdf-
Anuncio da convocatoria no DOG do 3 de agosto de 2018, en .pdf-
Anuncio da convocatoria no BOE do 28 de agosto de 2018, en .pdf-
Listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas, en .pdf (BOP do 30 de xaneiro de 2019)