27-08-2018Convocatoria dunha praza temporal de TNL no Concello de Nigrán

O
Concello de Nigrán convoca unha
praza temporal de técnico/a de normalización lingüística . O
contrato será de
12 meses e terá un
horario semanal de 18,5 horas.
Prazo para presentar solicitudes:
até o 4 de setembro.
O
Concello de Nigrán abre un proceso selectivo para contratar
un/unha técnico/a de normalización lingüística durante 12 meses e cun horario semanal de 18,5 horas, de luns a venres. A contratación efectúase ao abeiro das
axudas para a dinamización lingüística da Deputación de Pontevedra.
FUNCIÓNS DA PRAZA:- Elaborar unha ordenanza ou regulamento de uso da lingua galega no concello.
- Asesorar a Administración no relacionado coa política lingüística.
- Facer seguimento do cumprimento da lexislación en materia lingüística e velar polos dereitos lingüísticos da cidadanía.
- Mellorar a calidade lingüística e comunicativa da institución.
- Normalizar a imaxe lingüística e fixar criterios lingüísticos.
- Resolver dúbidas lingüísticas.
- Planificar, xestionar, executar e avaliar accións a prol da lingua galega.
- Propoñer programas de dinamización e actividades concretas de concienciación lingüística.
- Difundir materiais que contribúan á tarefa normalizadora.
REQUISITOS DE TITULACIÓN:- licenciatura en Filoloxía Galega, Galego-Portuguesa ou Hispánica (subsección galego-portugués);
- grao en Estudos de Galego e Español ou en Lingua e Literatura Galega.
PROCESO SELECTIVO: concurso-oposición, coas seguintes probas:
-
Proba práctica co fin de valorar o dominio do idioma: unha tradución e a redacción dun documento administrativo.
-
Proba oral sobre aspectos profesionais e técnicos.
-
Puntuación do currículo: concurso de méritos.
PRAZO PARA PRESENTAR SOLICITUDES:
sete días hábiles desde a publicación do anuncio no
Faro de Vigo. Este anuncio publicouse o domingo día
26 de agosto; daquela,
o prazo finaliza o 4 de setembro.
DEREITOS DE EXAME:
Os dereitos de exame correspondentes a este proceso selectivo ascenden a
17,5 euros con carácter xeral
ou 4,38 euros para aquelas persoas que acrediten a súa condición de desempregadas.
Bases completas e máis información na
sede electrónica do Concello de Nigrán e como
anexo a esta publicación.