CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Lingua


64 votos
Votar | | | |


09-10-2018

Ordenanza para o impulso social da lingua galega no Concello de Mondariz

Ordenanza de NL de Mondariz
O Concello de Mondariz acaba de aprobar a súa Ordenanza para o impulso social da lingua galega. Tras a aprobación provisional o 26 de maio e logo da fase de información pública, publicouse definitivamente no BOP de Pontevedra do 9 de outubro de 2018.


O Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra do 9 de outubro de 2018 publicou a aprobación definitiva da Ordenanza para o impulso social da lingua galega no Concello de Mondariz.

Este texto legal declara o galego como idioma oficial do Concello, idioma que empregará "en todas as súas accións, nas súas actuacións administrativas, na documentación, na comunicación social, e nas relacións coa cidadanía e con todas as entidades situadas en Galicia e con aqueloutras que admitan o galego para as actuacións administrativas".

A ordenanza do Concello de Mondariz ten 20 artigos distribuídos en 13 capítulos (por erro numerados como 12). Ao longo do articulado, regúlase o uso do galego na atención ao público; na documentación e actuación administrativa; nas publicacións, accións informativas, formativas e actividades públicas; na compra de bens e materiais e encargo e contratación de servizos; na sinalización e rotulación; nas relacións con outras administracións; nas relacións coas empresas privadas; polo persoal ao servizo da Administración; e na toponimia e nomes de rúas, emprazamentos e edificios. Tamén se establece a responsabilidade do concello no impulso institucional do idioma, na calidade lingüística e no uso dunha linguaxe democrática e inclusiva.


SEN DEPARTAMENTO TÉCNICO DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA

Malia felicitarmos o concello pola aprobación da ordenanza, observamos con estupor que o seu texto non fai referencia a ningún departamento técnico que asesore a institución na aplicación e desenvolvemento deste documento legal. Os servizos de normalización lingüística son os departamentos técnicos dos concellos que teñen como finalidade impulsar o uso e o prestixio da nosa lingua en todos os seus ámbitos de influencia e, así, cumprir coa súa obriga legal e responsabilidade social de contribuír ao proceso de normalización lingüística.

Esperamos que a ausencia de referencia a un SNL sexa unha eiva que se poida corrixir e non impida ao Concello de Mondariz contar co departamento técnico necesario para planificar, xestionar, executar e avaliar a política lingüística municipal.

Ordenanza para o impulso social da lingua galega no Concello de Mondariz, en .pdf

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018

Avisos

    mes anterior
    Decembro de 2018
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
              1 2
    3 4 5 6 7 8 9
    10 11 12 13 14 15 16
    17 18 19 20 21 22 23
    24 25 26 27 28 29 30
    31       
    Próximos eventos

    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • Asociate á CTNL
    • Gústame... o galego
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • Proposta para a mellora da planificación e xestión dos Celga
    • Traballarmos en dinamización lingüística | Isa Vaquero
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Axenda da lingua
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Kit para a normalización da lingua
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego