CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Lingua


30 votos
Votar | | | |


09-11-2018

I Premio Lingua e Empresa do Concello de Ames

I Premio Lingua e Empresa do Concello de Ames
O Concello de Ames, a través do Servizo de Normalización Lingüística e do Departamento de Promoción Económica, crea o Premio Lingua e Empresa Concello de Ames co obxectivo de recoñecer de forma pública o uso e fomento do galego na actividade empresarial. Para optar ao premio, que está dotado con 2500 euros, cómpre presentar candidaturas até o 30 de novembro.













O Servizo de Normalización Lingüística e o Departamento de Promoción Económica do Concello de Ames convocan, de maneira conxunta, o I Premio Lingua e Empresa. A través desta iniciativa búscase recoñecer publicamente a contribución ao aumento e á mellora do uso social do galego no ámbito empresarial, así como promover o uso da lingua galega na actividade económica do Concello de Ames.

ENTIDADES DESTINATARIAS

Poderán optar a este premio as empresas que teñan a súa sede social ou un centro de actividade no Concello de Ames.

QUE SE VALORARÁ PARA OUTORGAR O PREMIO?

Valorarase o uso da lingua galega na actividade das empresas propostas, tanto no referente á comunicación externa como á interna. Terase en conta o uso da lingua galega en ferramentas como páxina web, redes sociais, servizos e atención ao cliente ou comunicación e campañas publicitarias/promocionais do establecemento empresarial. Así mesmo, terase en conta o uso do galego na comunicación interna da empresa, na comunicación co persoal ou entre os departamentos, a existencia de normas de usos lingüísticos que fomenten o uso do galego e a diversidade lingüística, ou calquera outro mérito que a propia empresa queira salientar.

Por outra banda, tamén puntuará positivamente o impacto que a actividade da empresa poida ter en sectores especialmente relevantes para o proceso de normalización lingüística.

PRESENTACIÓN DE CANDIDATURAS

As empresas poderán presentar directamente a súa candidatura ou seren propostas por calquera persoa ou entidade, xustificando, na medida do posible, os méritos cos que conten. Calquera persoa que o desexe poderá propor a unha entidade que entenda que emprega o galego nalgunha ou en todas as súas actividades.

As candidaturas presentaranse mediante este formulario (en .pdf), que se pode entregar a través dos rexistros físicos ou electrónicos do Concello de Ames.

PRAZO

O prazo de presentación de candidaturas para optar ao I Premio Lingua e Empresa remata o 30 de novembro de 2018.

PREMIO

A resolución do premio darase a coñecer de maneira pública entre o 15 e o 20 de decembro de 2018. Este recoñecemento irá acompañado dunha dotación económica de 2500 euros, ademais dunha campaña de difusión da empresa gañadora na Radio Municipal de Ames.

Bases completas, en .pdf

Máis información no web do Concello de Ames.

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018

Avisos

    mes anterior
    Decembro de 2018
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
              1 2
    3 4 5 6 7 8 9
    10 11 12 13 14 15 16
    17 18 19 20 21 22 23
    24 25 26 27 28 29 30
    31       
    Próximos eventos

    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • Asociate á CTNL
    • Gústame... o galego
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • Proposta para a mellora da planificación e xestión dos Celga
    • Traballarmos en dinamización lingüística | Isa Vaquero
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Axenda da lingua
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Kit para a normalización da lingua
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego