20-11-2018Segunda xornada Malas Linguas

O próximo
29 de novembro terá lugar na Coruña a segunda xornada do ciclo
"Malas Linguas: activando falantes do século XXI". Esta segunda cita titúlase
Lingua e memoria. Transmisión familiar da lingua, e abordará análises e propostas de intevención. A
inscrición é
gratuíta.
O ciclo de xornadas
Malas Linguas: activando falantes do século XXI está organizada pola
Unidade Técnica de Normalización Lingüística da Deputación Provincial de Coruña. A
primeira cita tivo lugar o pasado 23 de outubro e terá continuidade con dúas xornadas máis o 1 de marzo e o 12 de abril de 2019.
Esta segunda xornada procurará
definir o marco histórico en que se comeza a interromper a transmisión interxeracional do galego. Preténdese indagar no xeito violento no que os pobos abandonan a súa lingua e como as xeracións posteriores herdan o trauma vinculado á violencia e á represión lingüística.
Tamén se tratarán de pescudar as causas e consecuencias da ruptura desta transmisión interxeracional ligándoa coa transmisión do trauma colectivo.
O obxectivo último é
afinar na diagnose incorporando o trauma social como elemento de análise, para elaborar novas estratexias e novos relatos precisos para a activación de falantes no s.XXI.
Con este marco, establécense asemade as bases sobre as que pensar as seguintes dúas xornadas, nas que se tratarán os temas de transmisión non familiar da lingua e xuventude por unha banda, e o vínculo coa cuestión de xénero pola outra.
PROGRAMA10:00: Presentación das xornadas. Goretti Sanmartín Rei, vicepresidenta da Deputación da Coruña
10:15: Argumentos para o galego: Luz Fandiño (poeta). Experiencias de represión lingüística na escola.
10:30:
Mesa 1: Do etnocidio ao lingüicidio: A violencia física contra a poboación galegofalante
- Encarna Otero (historiadora): da escola da república á escola do fascismo (20 minutos)
- Antonio Míguez Macho (historiador): práctica xenocida no franquismo (20 minutos)
- Debate (30 minutos)
12:00: Pausa – café.
12:30: Argumentos para o galego: Iria Veiga Ramos. Lingua e psiquiatría desde a perspectiva da práctica médica.
12:45:
Mesa 2: Trauma e transmisión interxeracional
- Iria García Martinez (psicopedagoga e terapeuta familiar) (20 minutos)
- Marcos Abalde Covelo (profesor e escritor) (20 minutos)
- Debate
14:00: Espazo de traballo. Actividade reservada para os SNL.
15:00: Peche da xornada
A
inscrición para esta e as demais xornadas (o 1 de marzo e o 12 de abril de 2019) é
gratuíta e faise a través deste
formulario.
Máis información no
web da Deputación Provincial da Coruña.