CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Formación


12407 votos
Votar | | | |


20-11-2018

Segunda xornada Malas Linguas

Xornadas Malas Linguas
O próximo 29 de novembro terá lugar na Coruña a segunda xornada do ciclo "Malas Linguas: activando falantes do século XXI". Esta segunda cita titúlase Lingua e memoria. Transmisión familiar da lingua, e abordará análises e propostas de intevención. A inscrición é gratuíta.


O ciclo de xornadas Malas Linguas: activando falantes do século XXI está organizada pola Unidade Técnica de Normalización Lingüística da Deputación Provincial de Coruña. A primeira cita tivo lugar o pasado 23 de outubro e terá continuidade con dúas xornadas máis o 1 de marzo e o 12 de abril de 2019.

Esta segunda xornada procurará definir o marco histórico en que se comeza a interromper a transmisión interxeracional do galego. Preténdese indagar no xeito violento no que os pobos abandonan a súa lingua e como as xeracións posteriores herdan o trauma vinculado á violencia e á represión lingüística.

Tamén se tratarán de pescudar as causas e consecuencias da ruptura desta transmisión interxeracional ligándoa coa transmisión do trauma colectivo.

O obxectivo último é afinar na diagnose incorporando o trauma social como elemento de análise, para elaborar novas estratexias e novos relatos precisos para a activación de falantes no s.XXI.

Con este marco, establécense asemade as bases sobre as que pensar as seguintes dúas xornadas, nas que se tratarán os temas de transmisión non familiar da lingua e xuventude por unha banda, e o vínculo coa cuestión de xénero pola outra.

PROGRAMA

10:00: Presentación das xornadas. Goretti Sanmartín Rei, vicepresidenta da Deputación da Coruña

10:15: Argumentos para o galego: Luz Fandiño (poeta). Experiencias de represión lingüística na escola.

10:30: Mesa 1: Do etnocidio ao lingüicidio: A violencia física contra a poboación galegofalante

- Encarna Otero (historiadora): da escola da república á escola do fascismo (20 minutos)

- Antonio Míguez Macho (historiador): práctica xenocida no franquismo (20 minutos)

- Debate (30 minutos)

12:00: Pausa – café.

12:30: Argumentos para o galego: Iria Veiga Ramos. Lingua e psiquiatría desde a perspectiva da práctica médica.

12:45: Mesa 2: Trauma e transmisión interxeracional

- Iria García Martinez (psicopedagoga e terapeuta familiar) (20 minutos)

- Marcos Abalde Covelo (profesor e escritor) (20 minutos)

- Debate

14:00: Espazo de traballo. Actividade reservada para os SNL.

15:00: Peche da xornada

A inscrición para esta e as demais xornadas (o 1 de marzo e o 12 de abril de 2019) é gratuíta e faise a través deste formulario.

Máis información no web da Deputación Provincial da Coruña.

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024

Avisos

    mes anterior
    Novembro de 2018
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
          1 2 3 4
    5 6 7 8 9 10 11
    12 13 14 15 16 17 18
    19 20 21 22 23 24 25
    26 27 28 29 30   
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Instagram da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Proxector
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego