CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

CTNL


13369 votos
Votar | | | |


02-12-2018

A CTNL diríxese aos concellos de Outes e de Arzúa para que inclúan as súas prazas de TNL na próxima aprobación da RPT

Servizos de normalización lingüística
Ante a aprobación inicial das relacións de postos de traballo de Outes e Arzúa, a CTNL dirixiuse a estes concellos para que inclúan neste documento unha praza de técnico/a de normalización lingüística. Desta forma poderían dar estabilidade aos SNL temporais destes dous concellos.


Tanto o Concello de Outes coma o Concello de Arzúa están nestes momentos en proceso de aprobación ou modificación das súas relacións de postos de traballo (RPT). E en ambos os casos aprobaron textos iniciais sen incluír ningunha praza de técnico/a de normalización lingüística. Os dous concellos contan na actualidade cun SNL grazas ás axudas da Deputación Provincial da Coruña e da Xunta de Galicia; e levan varios anos con servizos de normalización lingüística inestables por mor das contratacións temporais do seu persoal técnico.

De acordo co artigo 38 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, a relación de postos de traballo “é un instrumento técnico de carácter público que inclúe todos os postos de traballo de natureza funcionarial e laboral existentes en cada unha das administracións públicas”. A través deste documento as entidades “estruturan a súa organización, clasifican os postos de traballo existentes no seu ámbito e determinan o seu contido para a súa selección e provisión, procurando organizar, racionalizar e ordenar o persoal co obxecto de facilitar unha eficaz prestación dos servizos públicos.”

As entidades locais de Galicia teñen entre as súas competencias a normalización lingüística, é dicir, a promoción do uso e o prestixio da lingua galega en todos os ámbitos de influencia da entidade. Así vén establecido na Lei 3/1983, do 15 de xuño, de normalización lingüística, e tamén o aclararon recentemente a Dirección Xeral de Administración Local e a Secretaría Xeral de Política Lingüística, mediante a redacción e difusión do Informe sobre a prestación do servizo de normalización lingüística pola Administración local en exercicio de competencia propia.

As ferramentas de traballo das administracións públicas para exerceren as súas funcións son os equipos técnicos especializados, tanto no departamento de urbanismo ou no de servizos sociais como no de lingua. É imprescindible un departamento técnico ou SNL estable, dotado de persoal e orzamento suficiente, para analizar a situación da lingua na entidade local, no municipio ou na comarca, asesorar a entidade en política lingüística e para planificar, xestionar, executar e avaliar accións e programas de normalización lingüística que interveñan nas áreas prioritarias onde o galego perde prestixio ou utilidade. En definitiva, os servizos de normalización lingüística son necesarios para que os concellos poidan exercer de forma eficaz as súas competencias en normalización lingüística.

A aprobación ou modificación das relacións de postos de traballo de Outes e de Arzúa é unha oportunidade para consolidar e dar estabilidade aos seus servizos de normalización lingüística, departamentos cos que xa veñen contando as entidades desde hai un tempo.

Xa que logo, a CTNL solicitou que se incluísen eses postos nas respectivas RPT e que se lles asignasen as funcións que veñen establecidas nas convocatorias de axudas da Xunta de Galicia e da Deputación Provincial da Coruña.

Escrito dirixido ao Concello de Outes, en .pdf

Escrito dirixido ao Concello de Arzúa, en .pdf

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024

Avisos

    mes anterior
    Marzo de 2024
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
            1 2 3
    4 5 6 7 8 9 10
    11 12 13 14 15 16 17
    18 19 20 21 22 23 24
    25 26 27 28 29 30 31
    Próximos eventos

      • Asociate á CTNL
      • Agasallo. Propostas de regalos en galego
      • LGx15
      • Premios Mil Primaveras
      • Viveiro de propostas normalizadoras
      • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
      • Envianos
      • Canles de novas da CTNL
      • Facebook da CTNL
      • Twitter da CTNL
      • Instagram da CTNL
      • Kit para a normalización en rede
      • Proxector
      • Queremos Galego
      • Eu.gal: Por un dominio galego