CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Convocatorias


9754 votos
Votar | | | |


09-01-2019

Axudas da Deputación Provincial de Pontevedra en materia de normalización lingüística dirixidas ás entidades locais da provincia

Deputación Provincial de Pontevedra
No Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra de hoxe publicáronse as Bases que de subvencións para a dinamización lingüística dirixidas aos concellos e outras entidades locais da provincia de Pontevedra para o ano 2019. No mesmo BOP publicouse o extracto correspondente, que marca o prazo para presentar as solicitudes: do 10 de xaneiro ao 8 de febreiro.


Coma nas tres edicións anteriores (2016, 2017 e 2018), a Deputación Provincial de Pontevedra convoca dúas liñas de subvencións para a dinamización lingüística dirixidas ás entidades locais da provincia:

a) Creación ou mantemento de servizos de normalización lingüística (SNL).

b) Promoción e desenvolvemento de programas de dinamización da lingua galega en concellos ou entidades locais menores da provincia que non soliciten para o SNL.

A CTNL valorou negativamente o mantemento destas dúas modalidades de axudas, pois non favorece a creación de unidades técnicas que planifiquen, xestionen, executen e avalíen accións e programas de normalización lingüística.

ENTIDADES BENEFICIARIAS

Concellos, agrupacións de concellos ou entidades locais menores da provincia de Pontevedra de ata 50.000 habitantes.

PERFIL TÉCNICO E FUNCIÓNS DOS SNL

A Deputación Provincial de Pontevedra detalla na convocatoria os requisitos de titulación dos técnicos/as de normalización lingüística e publica unha relación pormenorizada das funcións que debe desenvolver un servizo de normalización lingüística (base segunda da convocatoria).

REQUISITOS PARA ACCEDER ÁS SUBVENCIÓNS PARA PROGRAMAS

As solicitudes para programas de dinamización lingüística (só para concellos que non pidan para creación ou mantemento de SNL) deberán abranguer accións polo menos en tres dos seguintes eidos:

• Ensino, primando a colaboración cos equipos de normalización e dinamización lingüística (ENDL) dos centros educativos.

• Comercio e industria, promovendo o uso do galego nas actividades comerciais ou industriais.

• Tecnoloxías da información e da comunicación (TIC), primando a consecución do dominio .gal.

• Turismo, destinadas á promoción turística no ámbito galego, nacional e internacional poñendo de relevo a relación cos países lusófonos.

• Premios e distincións dende os concellos ao labor de fomento do galego entre persoas e colectivos veciñais, deportivos, culturais e/ou ecoloxistas. Apoio á creación en lingua galega, con prioridade nos ámbitos onde estea menos presente.

• Urbanismo e medio natural: adecuación e adaptación da sinalización á toponimia oficial de elementos urbanos e naturais.

• Benestar social e igualdade: accións encamiñadas á dinamización do galego en colectivos como a mocidade, as persoas maiores e as mulleres, así como aqueles que estean en risco de exclusión social.

Nesta convocatoria, coma na do ano pasado, as entidades que accedan a este segundo tipo de axudas deberán presentar un proxecto orzado en polo menos 3.000 euros e ter aprobada, ou aprobala durante 2019, unha ordenanza ou regulamento de normalización lingüística.

ORDENANZAS DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA SEN SNL

Este segundo requisito para acceder ás axudas destinadas a programas, xa presente na anterior convocatoria, favoreceu que no ano 2018 se aprobasen na provincia bastantes ordenanzas (algunhas aprobadas aínda de xeito provisional), mais moitas delas non recollen a previsión de contar cun departamento técnico especializado en labores de normalización da lingua galega, é dicir, a entidade non considera necesario ter un SNL que a asesore no cumprimento e desenvolvemento da ordenanza.

ORZAMENTO E CONTÍA MÁXIMA DAS AXUDAS

O orzamento total das axudas será de 300.000 euros, que se distribuirán da seguinte forma:

a) Para a creación ou mantemento de servizos de normalización lingüística: 150.000 euros. A Deputación achegará a cada entidade ou agrupación de entidades solicitante un 75% do orzamento de gastos do SNL, até un máximo de 15.000 euros).

b) Para programas de dinamización da lingua galega en entidades locais que non soliciten para o SNL: 150.000 euros. A institución provincial achegará un 75% do orzamento de gastos até un máximo de 8.000 euros.

PRAZO E LUGAR DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

O prazo de presentación de solicitudes comeza o día seguinte á publicación do extracto da convocatoria (BOP do 9 de xaneiro), é dicir, iníciase o 19 de xaneiro, e finalizará o 8 de febreiro de 2019.

As solicitudes entregaranse nas diferentes sedes do Rexistro Xeral da Deputación ou a través de calquera das forma previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (LPACAP).

PRAZO DE XUSTIFICACIÓN DAS AXUDAS

De acordo co extracto da convocatoria, o prazo de xustificación das axudas remata o 20 de febreiro de 2020.

Bases en .pdf. (BOP do 9 de xaneiro de 2019)

Extracto en .pdf. (BOP do 9 de xaneiro de 2019)

ADDENDA
Resolución das axudas da Deputación Provincial de Pontevedra para normalización lingüística dirixidas ás entidades locais (BOP do 22 de abril de 2019)

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024

Avisos

    mes anterior
    Decembro de 2021
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
        1 2 3 4 5
    6 7 8 9 10 11 12
    13 14 15 16 17 18 19
    20 21 22 23 24 25 26
    27 28 29 30 31   
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Instagram da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Proxector
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego