CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Convocatorias


0 votos
Votar | | | |


10-01-2019

Bases da convocatoria de subvencións para SNL nas entidades locais da Deputación Provincial da Coruña

Deputación Provincial da Coruña
A Deputación Provincial da Coruña anunciou no BOP do 10 de xaneiro de 2019 as bases reguladoras da convocatoria de subvencións para a creación, mantemento e reforzo de SNL durante o ano 2019, dirixida a entidades locais. O prazo para solicitar as axudas iniciarase após a publicación do extracto da convocatoria remitido pola BDNS.


A Deputación Provincial da Coruña publicou as bases das axudas para a creación, mantemento e reforzo de servizos de normalización lingüística nas entidades locais. As bases da convocatoria publicáronse no BOP da Coruña do 10 de xaneiro de 2019.

ENTIDADES BENEFICIARIAS

Poderán solicitar esta subvención concellos da provincia da Coruña de 5.000 ou máis habitantes ou agrupacións de concellos e mancomunidades que, entre eles, cheguen ao mesmo número mínimo de habitantes.

MODALIDADES DE AXUDAS:

A convocatoria prevé tres modalidades de axudas:

- creación de novos servizos de normalización lingüística
- mantemento de servizos de normalización lingüística xa existentes
- reforzo de servizos de normalización lingüística xa existentes (única modalidade a que poden concorrer as cidades da provincia, A Coruña, Ferrol e Santiago de Compostela)

IMPORTE DAS AXUDAS

O importe total do crédito consignado (480.000 euros) distribuirase a partes iguais entre as entidades beneficiarias, que recibirán unha cantidade fixa máxima de 12.000 euros. Con este importe financiaranse as retribucións do persoal técnico dos servizos de normalización lingüística (SNL).

PRAZO PARA A PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

De acordo coa base 7.1 da convocatoria, os prazos de inicio e fin de presentación de solicitudes determinaranse a partir da publicación no BOP da convocatoria segundo a remisión da Base de Datos Nacional de Subvencións (BDNS). Informaremos da súa publicación cando se produza.

Máis información nas bases específicas reguladoras desta convocatoria, en .pdf (BOP do 10 de xaneiro de 2019).

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019

Avisos

    mes anterior
    Febreiro de 2019
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
            1 2 3
    4 5 6 7 8 9 10
    11 12 13 14 15 16 17
    18 19 20 21 22 23 24
    25 26 27 28    
    Próximos eventos

    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • Asociate á CTNL
    • Gústame... o galego
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • Proposta para a mellora da planificación e xestión dos Celga
    • Traballarmos en dinamización lingüística | Isa Vaquero
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Axenda da lingua
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Kit para a normalización da lingua
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego