CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Lingua


200 votos
Votar | | | |


23-01-2019

Ordenanza para o impulso social da lingua galega no Concello de Ribadumia

Ordenanza de NL de Ribadumia
O Concello de Ribadumia acaba de aprobar a súa Ordenanza para o impulso social da lingua galega. Tras a aprobación provisional o 5 de xullo de 2018 e logo da fase de información pública, publicouse definitivamente no BOP de Pontevedra do 23 de xaneiro de 2019.


O Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra do 23 de xaneiro de 2019 publicou a aprobación definitiva da Ordenanza para o impulso social da lingua galega no Concello de Ribadumia, un texto aprobado no Pleno municipal o 5 de xullo de 2018.

Este texto do Concello de Ribadumia declara o galego como idioma oficial do Concello, por ser lingua propia e oficial de Galicia. Por tanto establécese o uso da lingua galega "en todas as súas accións, nas súas actuacións administrativas, na documentación, na comunicación social, e nas relacións coas cidadás, cos cidadáns e con todas as entidades situadas en Galicia e con aqueloutras que admitan o galego para as actuacións administrativas".

Ao longo dos seus 15 capítulos, 24 artigos e disposición adicional, regúlase o uso do galego e a acción lingüística do concello na atención ao público; na documentación e actuación administrativa; nas publicacións, accións informativas, formativas e actividades públicas; na compra de bens e materiais e encargo e contratación de servizos; na sinalización e rotulación; nas relacións con outras administracións; nas relacións coas empresas privadas; polo persoal ao servizo da administración, e na toponimia e nomes de rúas, lugares ou edificios. Tamén se establece a responsabilidade do concello no impulso institucional do idioma, a necesidade de coidar a calidade lingüística e o uso dunha linguaxe democrática e inclusiva, e os mecanismos de cumprimento e seguimento da ordenanza.


O SERVIZO DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA(SNL)

O capítulo décimo cuarto está dedicado especificamente á previsión de crear un servizo de normalización lingüística (SNL) municipal. Os seus obxectivos e funcións tamén quedan establecidas nesta ordenanza (art. 23), e indícase que debe estar "dotado con medios materiais e humanos suficientes co obxecto de impulsar a normalización e procurar o incremento do uso e prestixio do idioma galego a todos os niveis e ámbitos sociais, e de coordinar as accións necesarias para darlle cumprimento a esta ordenanza". Así mesmo, enumera as súas tarefas nas áreas de dinamización sociolingüística, formación sociolingüística, asesoramento lingüístico e funcións xerais.

Ordenanza para o impulso social da lingua galega no Concello de Ribadumia, en .pdf

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019

Avisos

    mes anterior
    Abril de 2019
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
    1 2 3 4 5 6 7
    8 9 10 11 12 13 14
    15 16 17 18 19 20 21
    22 23 24 25 26 27 28
    29 30      
    Próximos eventos

    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • Asociate á CTNL
    • Gústame... o galego
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • Proposta para a mellora da planificación e xestión dos Celga
    • Traballarmos en dinamización lingüística | Isa Vaquero
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Axenda da lingua
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Kit para a normalización da lingua
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego