25-01-2019Curso sobre avaliación de competencias lingüísticas para técnicos/as de normalización lingüística
A CTNL organiza un Curso sobre avaliación de competencias lingüísticas para técnicos/as de normalización lingüística. Impartirao Manuel Núñez Singala, director do SNL da USC. O curso combinará sesións presenciais en Santiago de Compostela os días 22 de febreiro e 7 de marzo con traballo a distancia.
POR QUE ESTE CURSO?Unha das funcións dos SNL é
colaborar nas probas e procesos selectivos para que se avalíen convenientemente os coñecementos lingüísticos por parte das persoas aspirantes aos diferentes postos da Administración pública.
Con este curso, a partir da
lexislación que regula os exames, reflexionaremos sobre as
probas máis idóneas para avaliar as competencias lingüísticas e practicaremos
ferramentas e estratexias para elaboralas e avalialas.
OBXECTIVOS DO CURSO- Analizar a
lexislación que regula os exames de lingua no emprego público de Galicia.
- Decidir, dentro dese marco legal, cal sería o
exame idóneo.
- Fornecer
ferramentas e estratexias e desenvolver
habilidades para levalo a cabo: elaborar e avaliar probas.
CONTIDOS0. Introdución
A. Primeiro obxectivo: análise lexislativa1. O marco legal:
- Constitución española, Estatuto de autonomía, Lei de normalización lingüística e outras leis
- As distintas leis da función pública
- Marxe de manobra
B. Segundo obxectivo: o exame idóneo2. Avaliación de competencias lingüísticas
- Os niveis de coñecemento lingüístico
- Marco Europeo Común de Referencia para as Linguas
- Niveis de competencia en lingua galega
- Os Celga
3. Os exames de lingua nas administracións
- Análise de modelos
4. Modelo de exame de galego para probas selectivas
- Que sabe alguén que coñece unha lingua?
- Características dun bo exame de lingua: fiabilidade, viabilidade, validez
C. Terceiro obxectivo: elaboración e corrección de probas de lingua- Ferramentas
- Práctica con probas reais
- Elaboración de probas
- Avaliación
DOCENTEManuel Núñez Singala, sociolingüista, escritor e técnico de normalización lingüística. É director do Servizo de Normalización Lingüística da USC e responsable da súa Área de Formación.
Formou parte do grupo de traballo que deseñou os niveis de competencia en lingua galega adaptados ao Marco común de referencia para as linguas. Na actualidade, é membro do Grupo de Traballo dos Certificados de Lingua Galega (Celga), equipo que se encarga de elaborar os exames para obter estes certificados.
PERSOAS DESTINATARIASTécnicos/as de servizos de normalización lingüística (SNL) que deban elaborar e avaliar probas de coñecemento de lingua galega para o acceso a prazas da Administración
Límite de prazas:
30.
DURACIÓN DO CURSO15 horas (9 presenciais e 6 de traballo persoal)
PRAZO DE INSCRICIÓN-
Do 25 de xaneiro ao 13 de febreiro de 2019
AVISO:
non se habilitará o formulario de inscrición ata que comece este prazo.
ORGANIZA- CTNL
COLABORA- Departamento de Filoloxía Galega, Facultade de Filoloxía, Universidade de Santiago de Compostela
Información completa e formulario de inscrición.Convocatoria completa en .pdfAlgún do material empregado neste curso pode consultarse
aquí.