31-01-2019Praza de técnico/a de normalización lingüística en Rois
O
Concello de Rois publicou no
Boletín Oficial da Provincia da Coruña do 31 de xaneiro de 2019 as
bases para a provisión como persoal laboral fixo dunha praza de técnico/a de normalización lingüística (a partir da páx. 11), incluída na
oferta pública de emprego de 2018. O sistema de selección será o
concurso-oposición.
REQUISITOS DAS PERSOAS ASPIRANTESAlén dos xerais (idade, non padecer enfermidade que impida o desenvolvemento das tarefas do posto, etc.), os
requisitos de titulación son: licenciatura en Filoloxía Galego-Portuguesa, Filoloxía Galega ou Filoloxía Hispánica (sección galego-portuguesa), grao en Lingua galega ou calquera outra licenciatura ou grao, sempre que estea en posesión do certificado de lingua galega do nivel 5 (Celga 5).
PROCEDEMENTO DE SELECCIÓNO sistema de selección será o
concurso-oposición (60% da nota corresponderá á oposición e 40% ao concurso).
PROBAS DA FASE DE OPOSICIÓNA totalidade desta fase terá unha
cualificación máxima global de 60 puntos, e consistirá na realización dos seguintes exercicios:
-
Exame teórico, de carácter eliminatorio e obrigatorio, que consistirá nun
test de 50 preguntas que comprenderán a parte xeral e a parte específica do temario.
-
Exame práctico, de carácter eliminatorio e obrigatorio, que consistirá nun
test de 50 preguntas sobre un suposto práctico relativo ás materias da parte específica do temario.
O
temario, de 28 temas na parte xeral e 47 na parte específica, figura como
anexo das bases específicas.
FASE DE CONCURSOA
puntuación máxima posible desta fase é de 40 puntos. Valoraranse os seguintes méritos:
-
Experiencia profesional en postos semellantes nas administracións públicas, ata 24 puntos.
-
Formación relacionada co posto de traballo, ata 3 puntos.
-
Docencia de cursos de lingua galega, ata 3 puntos.
-
Publicacións relacionadas coa lingua galega, ata 4 puntos.
-
Participación en proxectos de investigación relacionados coa lingua e dependentes de administracións e universidades públicas, ata 6 puntos.
PRESENTACIÓN DE INSTANCIASDe acordo coas bases, as instancias presentaranse no
modelo que figura como anexo I, e irán acompañadas da documentación habitual: copias cotexadas do título requirido e do DNI, relación de méritos e copia cotexada da documentación que os acredite, e declaración xurada segundo o modelo do anexo III.
A solicitude presentarase
a través de calquera das seguintes vías: Rexistro Xeral do Concello, Rexistro Telemático, sistema de intercambio de rexistros, oficinas de correos ou calquera das establecidas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDESSerá de
20 días naturais, que se contarán
a partir do seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado (BOE).
Este anuncio publicouse o 8 de febreiro; daquela, o
prazo será do 9 ao 28 de febreiro de 2019.
Información completa:
-
Bases da convocatoria, en .pdf, a partir da páxina 11 (BOP da Coruña do 31 de xaneiro de 2019)
-
Anuncio da convocatoria no DOG do 31 de xaneiro de 2019, en .pdf-
Anuncio da convocatoria no BOE do 8 de febreiro de 2019, en .pdf.