CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Lingua


9229 votos
Votar | | | |


06-02-2019

Ordenanza municipal de uso, emprego e defensa do galego no Concello de Cerdedo-Cotobade

Ordenanza de lingua en Cerdedo-Cotobade
O Concello de Cerdedo-Cotobade acaba de aprobar a súa Ordenanza municipal de uso, emprego e defensa do galego. Tras a aprobación inicial o 29 de novembro de 2018 e logo da fase de información pública, publicouse definitivamente no BOP de Pontevedra do 6 de febreiro de 2019.


O Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra do 6 de febreiro de 2019 publicou a aprobación definitiva da Ordenanza municipal de uso, emprego e defensa do galego no Concello de Cerdedo-Cotobade, un texto aprobado no Pleno municipal o 29 de novembro de 2018.

Este texto declara o galego como idioma oficial do Concello de Cerdedo-Cotobade, por ser lingua propia de Galicia, sen prexuízo da cooficialidade do castelán.

Ao longo dos seus 10 capítulos, 26 artigos e disposición derradeira, regúlase o uso do galego e a acción lingüística do concello no funcionamento do concello, nas relacións cos veciños e cidadáns, nas relacións institucionais, na documentación e actos públicos, na sinalización e a toponimia, e no cadro de persoal municipal. Tamén se establece a responsabilidade da corporación na defensa e impulso do galego e no cumprimento e seguimento da ordenanza.

SEN DEPARTAMENTO TÉCNICO DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA

Malia felicitarmos o concello pola aprobación da ordenanza, observamos con estupor que o seu texto non fai referencia a ningún departamento técnico que asesore a institución na aplicación e desenvolvemento deste documento legal. Unicamente se menciona a eventual axuda dun Servizo de Normalización Lingüística da Xunta de Galicia (sic) para tarefas de corrección de documentos (artigo 14) e resolución de dúbidas (artigo 21).

Os servizos de normalización lingüística son os departamentos técnicos dos concellos que teñen como finalidade impulsar o uso e o prestixio da nosa lingua en todos os seus ámbitos de influencia e, así, cumprir coa súa obriga legal e responsabilidade social de contribuír ao proceso de normalización lingüística. Esperamos que a ausencia de referencia a un SNL sexa unha eiva que se poida corrixir e non impida ao Concello de Cerdedo-Cotobade contar co departamento técnico necesario para planificar, xestionar, executar e avaliar a política lingüística municipal.

Ordenanza municipal de uso, emprego e defensa do galego no Concello de Cerdedo-Cotobade, en .pdf

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022

Avisos

    mes anterior
    Maio de 2022
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
                1
    2 3 4 5 6 7 8
    9 10 11 12 13 14 15
    16 17 18 19 20 21 22
    23 24 25 26 27 28 29
    30 31      
    Próximos eventos

      • Asociate á CTNL
      • Agasallo. Propostas de regalos en galego
      • LGx15
      • Premios Mil Primaveras
      • Viveiro de propostas normalizadoras
      • Gústame... o galego
      • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
      • Axenda da lingua
      • Envianos
      • Canles de novas da CTNL
      • Facebook da CTNL
      • Twitter da CTNL
      • Kit para a normalización en rede
      • Queremos Galego
      • Eu.gal: Por un dominio galego