06-02-2019#galegoempresas, plataforma para localizar o galego nas empresas de Santiago de Compostela, Ames e Teo

Grazas á colaboración dos servizos de normalización lingüística dos concellos de Santiago de Compostela, Ames e Teo, nace
#galegoempresas, unha plataforma para
visibilizar os negocios que ofrecen produtos e servizos en galego.
Os concellos de Ames, Santiago de Compostela e Teo contan desde hoxe cunha
nova ferramenta para traballar na promoción do uso e prestixio da lingua no ámbito socioecnómico. A plataforma
#galegoempresas compila información sobre as empresas dos tres concellos que ofrecen produtos e servizos en galego.
Cun deseño atractivo e de fácil
consulta, podemos coñecer de maneira rápida e práctica a oferta existente, localizala e valorala. Desta forma, a plataforma contribúe a "
darlle visibilidade e un valor engadido a quen ten a nosa lingua en conta".
A plataforma inclúe ademais
ferramentas e recursos lingüísticos, a opción de que as empresas fagan un
autodiagnóstico lingüístico e a posibilidade de inscribírense na plataforma, pois é un directorio aberto a novas incorporacións.
Por outra parte, a reunión das empresas nunha plataforma única
facilitará a planificación de accións dirixidas ao sector socioeconómico en materia de lingua.
Esta plataforma complementa outras iniciativas para o ámbito socioeconómico coma o
Premio Manuel Beiras,
Fotolingua ou o
Premio Lingua e Empresa do Concello de Ames.
Plataforma #galegoempresasVídeo de promoción