06-02-2019Cita o 9 de marzo: Asemblea Xeral da CTNL e xantar
O sábado 9 de marzo terá lugar a Asemblea Xeral anual. Será a partir das 10:30 da mañá no espazo cultural A Nave de Vidán. Posteriormente celebrarase un xantar de confraternidade lingüística no mesmo espazo, ao cal poden acudir socios/as e non socios/as.
ASEMBLEA ANUAL DA CTNLA Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) reúnese en
Asemblea Xeral ordinaria o sábado 9 de marzo, a partir das 10.30 h en primeira convocatoria e ás 11.00 h en segunda, na Nave de Vidán, en Santiago de Compostela.
-Día:
sábado 9 de marzo de 2019-Hora: primeira convocatoria,
ás 10.30 h; segunda convocatoria,
ás 11.00 h-Lugar: Restaurante
Espazo Cultural A Nave de Vidán (avda. da Mestra Victoria Míguez, 44, Santiago de Compostela)
Orde do día: 1. Lectura e aprobación da acta da asemblea anterior [
Acta da Asemblea Xeral do 3 de marzo de 2018, en .pdf]
2. Admisión de novas/os socias/os e ratificación de baixas
3. Exposición, debate e aprobación do informe de xestión [
Informe-memoria de xestión 2018-2019, en .pdf]
4. Exposición, debate e aprobación do informe de contas
5. Exposición, debate e aprobación do plan de acción para o próximo exercicio [
Proposta de liñas de acción 2019, en .pdf]
6. Presentación e aprobación do orzamento para o vindeiro exercicio
7. Rolda aberta de intervencións
Documentación para a AsembleaPara preparar mellor as achegas e propostas das/dos participantes na asemblea e así facermos entre todas e todos una asemblea máis áxil, dinámica, participativa e produtiva,
unha semana antes da asemblea poderá consultarse no web a documentación necesaria.
As/Os socias/os poden
remitir ao enderezo electrónico info@ctnl.gal todas as ideas e propostas que teñan e que crean que a CTNL pode desenvolver, alén de presentar propostas, suxestións e ideas na propia asemblea.
Convocatoria completa, en .pdfXANTAR DE CONFRATERNIDADE LINGÜÍSTICAO mesmo día da Asemblea da CTNL teremos, no mesmo espazo, un
xantar aberto de confraternidade lingüística, no cal pode participar calquera persoa interesada en compartir connosco unhas horas de conversa e boa comida.
• Lugar: Restaurante
A Nave de Vidán |
www.anavedevidan.com• Hora:
14.30 h• Menú:
cocido (sopa, cacheira, lacón, costela, garavanzos, patacas, grelos, chourizos, filloas, pan, viños, sobremesa, cafés e licores).
• Prezo:
24 euros• Confirmación: agradecemos a
confirmación de asistencia ao xantar o máis axiña posible. En todo caso,
até o 3 de marzo, no enderezo
info@ctnl.gal ou no teléfono
629571950.