15-02-2019Contratos para realizar traballos de toponimia e lexicografía na RAG

A RAG
convoca un concurso para
dous contratos de persoal técnico de toponimia e un de lexicografía, con duración ata o 31 de decembro e posibilidades de prórroga por 12 meses máis.
Prazo: ata o 25 de febreiro.
A
Real Academia Galega convoca un
concurso aberto para dous contratos de persoal técnico de toponimia e un de lexicografía. A contratación iniciarase o 25 de marzo e finalizará o 31 de decembro de 2019, mais é prorrogable por ata doce meses máis.
As persoas contratadas colaborarán en tarefas de
recolla, depuración e organización de datos, de
xestión informática,
elaboración e difusión de materiais relacionados co proxecto de toponimia da Real Academia Galega.
SISTEMA DE SELECCIÓNConcurso de méritos e
entrevista persoal.
REQUISITOS DE TITULACIÓNLicenciatura ou Grao en Filoloxía Galega, Filoloxía Galego-Portuguesa ou titulación equivalente.
MÉRITOS VALORABLESa) Experiencia acreditable en traballos relacionados coa toponimia de Galicia ou coa lexicografía do galego, segundo o perfil do contrato.
b) Formación e experiencia acreditables en traballos de campo de recolleita de microtoponimia e de revisión de topónimos ou de elaboración de dicionarios ou outras ferramentas lexicográficas, segundo o perfil do contrato.
c) Publicacións relacionadas coa toponimia ou coa lexicografía galegas, segundo o perfil do contrato.
d) Coñecementos e experiencia acreditables na didáctica da lingua e da toponimia ou da lexicografía, segundo o perfil do contrato.
e) Coñecementos de informática e experiencia no manexo de bases de datos, follas de cálculo, procesadores de texto, edición de páxinas web e outras ferramentas informáticas.
f) Coñecementos acreditables de cartografía e experiencia de traballo con sistemas de información xeográfica (contratos de toponimia).
g) Formación e experiencia acreditables relacionadas co estudo da lingua galega, o seu ensino, a súa normalización ou a súa difusión.
h) Coñecemento acreditable doutras linguas.
PRAZO E LUGAR DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDESDo 15 ao 25 de febreiro de 2019, en papel
na sede da RAG (rúa Tabernas, 11, 15001 A Coruña) ou mediante envío por correo certificado.
Máis información no
web da RAG
Bases da convocatoria en .pdf