CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Lingua


8940 votos
Votar | | | |


14-03-2019

Ordenanza de normalización lingüística do Concello da Cañiza

Ordenanza de NL A Cañiza
O Concello da Cañiza acaba de aprobar a súa Ordenanza de normalización lingüística. Tras a aprobación provisional o 30 de novembro de 2018 e logo da fase de información pública, publicouse definitivamente no BOP de Pontevedra do 14 de marzo de 2019.


O Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra do 14 de marzo de 2019 publicou a aprobación definitiva da Ordenanza de normalización lingüística do Concello da Cañizae, unha proposta que foi aprobada no Pleno municipal o 30 de novembro de 2018.

Este texto do Concello da Cañiza declara o galego como lingua propia e oficial do Concello, idioma de uso normal en todas as súas actividades. Por tanto establécese o uso da lingua galega "nas súas actuacións administrativas internas e nas relacións cos cidadáns e coas entidades públicas de Galicia".

Ao longo dos seus 12 capítulos e 24 artigos, regúlase o uso do galego e a acción lingüística do concello nas resolucións e documentación administrativa; nas relacións con outras administracións; na atención ao público e na comunicación coa cidadanía; nos anuncios, publicacións e actividades públicas; na toponimia, sinalizacións e rótulos; e polo persoal ao servizo da corporación. Tamén se establecen a responsabilidade do concello no impulso institucional do idioma e os mecanismos de cumprimento, seguimento e actualización da ordenanza.

O SERVIZO DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA(SNL)

Os obxectivos e as funcións do Servizo de Normalización Lingüística (SNL) municipal tamén quedan establecidas nesta ordenanza en varios artigos, aínda que o 23 é o dedicado especificamente a este departamento, que ten por fin "coordinar as actividades e proxectos que protexan o idioma galego e pulen pola súa normalización tanto na administración como no seu uso público", "coordinar as actividades e proxectos de normalización na súa totalidade" ou asesorar e "resolver dúbidas lingüísticas".

Ordenanza de normalización lingüística do Concello da Cañiza, en .pdf

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022

Avisos

    mes anterior
    Outubro de 2022
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
              1 2
    3 4 5 6 7 8 9
    10 11 12 13 14 15 16
    17 18 19 20 21 22 23
    24 25 26 27 28 29 30
    31       
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • Gústame... o galego
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Axenda da lingua
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego