20-03-2019Cuarta xornada Malas Linguas: lingua e xéneros
O ciclo de xornadas
Malas Linguas: activando falantes do século XXI está organizada pola Unidade Técnica de Normalización Lingüística da Deputación Provincial de Coruña. A
primeira cita tivo lugar o pasado 23 de outubro,
a segunda o 29 de novembro de 2018 e
a terceira foi o 1 de marzo pasado. Está prevista unha
quinta xornada, de peche,
o 15 de maio en Ponteceso.
Esta
cuarta xornada terá lugar no
Pazo provincial da Deputación, no sexto andar, sala Juanjo Gallo, en horario de mañá.
PROGRAMA (tamén anexo en .pdf ao final desta nova)
09:30: apertura da xornada. Goretti Sanmartín Rei (vicepresidenta da Deputación da Coruña)
10:00: Argumentos para o galego: Patricia Portopaderne (Libraría Lila de Lilith)
10:15:
Mesa de debate:
O galego, unha lingua inclusiva? - Olga Castro (profesora de tradución da Aston University)
- Noemí Basanta (filóloga)
- Iria Vázquez (socióloga)
11:30: Pausa – café.
12:00:
Mesa de debate:
Políticas lingüísticas e de xénero: unha complementariedade necesaria - Antía P. Caramés (profesora de Socioloxía da Universidade da Coruña)
- Ximena González (activista feminista)
13:00: Argumentos para o galego: Zinthia Álvares Palomino e Mar Lugo (afrogalegas)
13:30: Peche da xornada
A
inscrición para todas as xornadas é
gratuíta e faise a través deste
formulario.
Máis información
aquí.
Listaxe de vídeos das dúas primeiras xornadas
aquí.
Quinta xornada no Festiletras, en PontecesoO ciclo Malas Linguas terá a súa
xornada de peche o 15 de maio en Ponteceso, durante a celebración do
Festiletras. Esta quinta cita titularase
Lingua de ouro e incluirá actividades como unha mesa de debate sobre voces poéticas para a normalización lingüística ou un espazo participativo.