25-03-2019Campaña da Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística para promover o uso do galego na declaración da renda

Ante o próximo inicio da campaña da renda o 2 de abril, a
Asociación de Funcionario para a Normalización Lingüística promove unha
acción para incentivar o uso do galego nesta xestión:
Eu [declaro] a renda en galego. É lóxico. Por dereito.
A
Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística anima as persoas contribuíntes a que escollan a
lingua galega á hora de presentar a súa declaración da renda. Con esta
campaña viral busca concienciar os/as galegos/as para exercermos un dereito que temos recoñecido, e que podemos executar de forma sinxela, escollendo a lingua de tramitación da declaración.
Así mesmo, marcar a opción de galego na declaración da renda transmítelle á Administración xeral do Estado que pulamos polos nosos dereitos e reclamamos
máis respecto pola nosa lingua nas relacións das administracións estatais coa cidadanía galega ou galegofalante.
A campaña, que ten por lema
Eu [declaro] a renda en galego. É lóxico. Por dereito, estará en marcha durante todo o período de presentación da renda. Procurará chegar a un gran número de destinatarios/as grazas ao
apoio a través das redes sociais de persoas de diferentes ámbitos e complementarase coa remisión de
propostas de mocións aos concellos galegos co fin de que fagan unha declaración en defensa da utilización da lingua galega diante das administracións públicas, entre outras accións.
A información completa sobre a campaña e os diferentes pasos que irá dando pode consultarse na súa páxina de Facebook,
En galego. É lóxico.