04-06-2019O turismo centrará o curso de verán sobre dinamización lingüística da UDC
O Curso de verán sobre dinamización lingüística da Universidade da Coruña centrará este ano o seu programa no
sector do turismo. Terá lugar os días
17 e 18 de xullo no Fórum Carballo. O prazo de
inscrición está aberto até o 10 de xullo (ampliado posteriormente
até o 16 de xullo).
O
curso de verán sobre dinamización lingüística que organiza o SNL da UDC chega neste 2019 á súa décimo quinta edición e analizará como
potenciarmos o uso da lingua no ámbito do turismo e utilizarmos o
galego como un valor e un recurso que teña interese en ser coñecido e valorado polo turismo.
As sesións incluirán
conferencias, mesas redondas e obradoiros prácticos, nas cales se analizará por que, como, onde e cando deixamos de utilizar o galego ao entrar en contacto con xente de fóra. Tamén haberá sesións destinadas a reparar no éxito de produtos que só utilizan a lingua propia para se dar a coñecer.
O
XV Curso de verán sobre dinamización lingüística "Traballando en lingua". Lingua e turismo está organizado polo
Servizo de Normalización Lingüística da Universidade da Coruña e conta coa colaboración da
Secretaría Xeral de Política Lingüística e do
Concello de Carballo.
OBXECTIVOS • Analizar, valorar e/ou deseñar estratexias e accións para a posta en valor, incremento do uso e visibilización do galego en ámbitos turísticos.
• Detectar e analizar problemas e prexuízos existentes arredor do uso da lingua galega nos ámbitos relacionados coa presenza de turistas e/ou persoas non coñecedoras do galego.
• Valorar o galego e a cultura propia como recurso de interese turístico.
• Deseñar unha proposta de boas prácticas lingüísticas no ámbito turístico.
• Coñecer e poñer en valor experiencias positivas de uso do galego en ámbitos turísticos.
PERSOAS DESTINATARIASPersoas que traballan ou que están interesadas no proceso de normalización da lingua galega, especialmente técnicos/as de normalización lingüística, docentes, dinamizadoras/es socioculturais, estudantes, membros de asociacións, de empresas de dinamización social, lingüística ou cultural, técnicas/os de cultura, animadoras/es etc.
LUGAR E DATASO curso terá lugar no
Fórum Carballo, praza dos Bombeiros Voluntarios, s/n, A Milagrosa, Carballo (
localización en Google Maps) os días
17 e 18 de xullo de 2019.
MATRÍCULA O
prazo de
matrícula neste curso está aberto
até o 10 de xullo de 2019 (
ampliado posteriormente até o 16 de xullo), e o número de prazas está limitado a
65 persoas, que se cubrirán por
orde de inscrición.
O
prezo de inscrición é de
30 € para estudantes de calquera universidade, comunidade universitaria da UDC e persoas desempregadas e de
50 € para as demais persoas. O custo da matrícula inclúe a participación en todas as actividades do curso, o material que se utilizará, os cafés conxuntos e o xantar dos dous días.
PROGRAMADía 17 de xullo09.00 h:
recepción e entrega de documentación
09.30 h:
inauguración e benvida
Valentín García Gómez, secretario xeral de Política Lingüística
Julio Abalde Alonso, reitor da Universidade da Coruña
Evencio Ferrero Rodríguez, alcalde de Carballo
Marisol Ríos Noia, coordinadora do SNL da UDC
Xosé Manuel Sánchez Rei, director do curso
10.00 h: conferencia
"Unha lingua como unha catedral"María Elvira Lezcano González, profesora da EU de Turismo da UDC
11.00 h: café conxunto
11.30 h: conferencia
"Galego e organización cultural desde o exterior"Matías Martínez Abeijón, profesor de linguas modernas na Universidade de Cleveland
12-30: mesa redonda
"O galego, máis un recurso no turismo de museos"Olga Conde Abalde, historiadora, exadministradora do CITA (Centro de Interpretación das Torres Arcebispais) de Pontevedra(moderadora)
Fuco Sanjiao, secretario do Padroado do Museo do Pobo Galego
Manuel Ramos, historiador da arte e guía da Torre de Hércules
Rosa Brañas Abad, profesora da Facultade de Historia da Universidade de Vigo
14.30 h: xantar conxunto
16.00 h: análise e propostas:
"A lingua galega como máis un atractivo turístico"Jakson Renner Rodrigues, profesor da EU de Turismo da UDC
17.00 h. mesa redonda
"A lingua do turismo nos concellos galegos"María Traveso Lago, membro do equipo Promove Consultora (moderadora)
Anabel Gulías Torreiro, concelleira de Promoción Económica e responsable da Sociedade Mercantil Turismo de Pontevedra, S.A.
María Cristina Cid Fernández, alcaldesa de Allariz e concelleira de Promoción Económica, Turismo e Comercio
Xosé Regueira Varela, deputado provincial e concelleiro de Promoción Económica e Normalización Lingüística do Concello de Carballo
18.30 h: descanso
19.00 h: obradoiro
"Deseñar produtos turísticos en que a lingua é un valor"Fátima Rodríguez Figueiras, membro do equipo de Promove Consultora
Día 18 de xullo9.30 h: conferencia
"A lingua e a súa importancia nas visitas guiadas"Iria Varela Parafita, vogal da Asociación Profesional de Guías de Turismo de Galicia
10.30 h: mesa de experiencias
"O suceso coa lingua no ámbito da restauración"Manuel Gago Mariño, xornalista e profesor da USC, autor do blog Capítulo Cero (moderador)
Paula Fraga, guía oficial de turismo e creadora do proxecto «Octopus to the Party»
Xan Galbán Galiñanes, cociñeiro e xerente do hotel e restaurante María Castaña
Xosé Gontá, socio de espazo enocultural Vide Vide!
Javier Olleros, cociñeiro do restaurante Culler de Pau
12.00 h. café conxunto
12.30: mesa de experiencias
"O galego nos festivais, un valor necesario"Rosalía Fernández Rial, escritora (moderadora)
Beatriz Corral, asesora técnica na Secretaría Xeral de Política Lingüística
Xaime Garaboa, Fundación Galicia Sustentable
(ambos responsables de «O galego crea ambiente» Fest Galicia)
Alfonso Pato, director do Festival de Cans
Alberto Sueiro Pastoriza, director do FIOT (Festival Internacional Outono de Teatro)
14.30 h: xantar conxunto
16.00 h: conferencia
"Potencialidades do turismo idiomático en Galicia"Lanzada Calatayud Álvarez, xerenta do Consorcio de Turismo da Coruña
17.00 h: experiencias de intervención-mesa redonda
"A música en galego como atractivo turístico dentro e fóra da Galiza"Xurxo Souto, cantante e escritor (moderador)
MJ Pérez, cantautora
Belém Tajes, cantante, compositora e instrumentista
Lydia Botana «Bolboreta», música multiinstrumentista
18.30 h: descanso
19.00 h: obradoiro
"Deseñar rutas turísticas en galego"Encarna Otero Cepeda, historiadora
Máis información e programa completo en .pdf
aquí.