10-06-2019Praza de tradutor/a na Deputación de Ourense como persoal funcionario interino

A
Deputación Provincial de Ourense publicou no BOP de hoxe a
convocatoria urxente dunha
praza de tradutor/a de lingua galega como persoal funcionario interino. O sistema de selección será o
concurso-oposición e o
prazo de inscrición está aberto
até o 17 de xuño.
No
BOP de Ourense do 10 de xuño de 2019, a Deputación Provincial anuncia a
convocatoria dunha praza de tradutor/a de lingua galega (subgrupo A1) en
réxime de interinidade.
TITULACIÓN REQUIRIDALicenciatura ou grao en filoloxía galega, filoloxía hispánica (subsección de galego-portugués), filosofía e letras (sección filoloxía hispánica, subsección galego-portugués), grao en ciencias da linguaxe e estudos literarios (galego e español), estudos de galego e español, galego e portugués: estudos lingüístico e literarios, lingua e literatura galegas, licenciatura ou grao en tradución e interpretación ou titulacións equivalentes.
TIPO DE CONTRATO E DURACIÓNO contrato sera na modalidade de persoal funcionario
interino polo tempo necesario ata a cobertura definitiva do posto de traballo.
SISTEMA DE SELECCIÓNA selección farase mediante
concurso-oposición.
Fase de concursoA fase de concurso será
previa á de oposición, non terá carácter eliminatorio e
non poderá supor
máis do 40% do total da puntuación. Valorarase:
a) servizos prestados na mesma ou análoga categoría (puntuarase ata un máximo de seis puntos)
b) cursos realizados relacionados coas funcións do posto (puntuarase ata un máximo de catro puntos)
A puntuación máxima na fase de concurso será de 10 puntos.
Fase de oposición: proba prácticaA
proba práctica estará
relacionada de xeito directo cos cometidos propios do posto de tradutor/a de lingua galega, así como co
temario previsto no anexo III das bases.
A puntuación máxima que se pode outorgar á proba práctica será de 20 puntos e será necesario acadar 10 puntos para superala.
FUNCIÓNS DA PRAZACon carácter xeral, as funcións da praza son as seguintes:
a) Realizar traducións do castelán ao galego ou á inversa en toda clase de documentos, en especial nos de maior complexidade lingüística.
b) Elaborar pregos e valoración das ofertas correspondentes á súa área de traballo.
c) Colaborar na organización dos respectivos servizos.
d) Prestar asesoramento, no eido das súas competencias e capacitación profesional, cando así sexa requirido dende as diferentes áreas ou servizos.
e) Asistir ás diferentes comisións ou reunións con outras institucións e/ou entidades privadas, relacionadas co seu ámbito de traballo.
f) Formar parte das mesas de contratación e dos procesos selectivos relacionados co seu ámbito de traballo.
g) Emisión de informes, dentro do seu eido competencial e profesional.
h) Calquera outra, propia da súa capacitación profesional, e vinculada co eido competencial en que se integra.
LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN DE INSTANCIASO
prazo será de
7 días naturais a partir do seguinte ao da publicación da convocatoria no
Boletín Oficial da Provincia, é dicir,
até o 17 de xuño.
As instancias poden presentarse de acordo con dúas modalidades:
a)
De forma presencial, mediante a presentación en papel da solicitude e da documentación anexa
na Oficina de Asistencia ao Cidadán en materia de Rexistro da Deputación Provincial de Ourense ou en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (norma que se estima vixente de acordo co establecido na disposición derrogatoria única en relación coa disposición final 7.ª da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas). Neste último caso, a Deputación solicita que se envíe
copia da instancia ao número de fax 988385184.
b)
De forma telemática, a través do Rexistro Electrónico Xeral da sede electrónica da Deputación Provincial,
https://sede.depourense.esCoa instancia (modelo normalizado que se inclúe na convocatoria e que está
dispoñible no portal web corporativo da Deputación de Ourense) achegaranse os documentos acreditativos dos méritos a que fai referencia a base sétima da convocatoria (baremo de méritos) e o xustificante de pagamento da taxa de participación no proceso selectivo.
TAXASA
taxa de participación neste proceso selectivo será de
19,00 €.
MÁIS INFORMACIÓNConvocatoria e bases de selección en .pdf. (pp. 2-8)