CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Lingua


69 votos
Votar | | | |


26-06-2019

Regulamento do uso do galego no Concello de Moraña

Regulamento do uso do galego no Concello de Moraña
O Concello de Moraña acaba de aprobar o seu Regulamento do uso do galego. Tras a aprobación provisional o 7 de marzo de 2019 e logo da fase de información pública, publicouse definitivamente no BOP de Pontevedra do 26 de xuño de 2019.


O Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra do 26 de xuño de 2019 publicou a aprobación definitiva do Regulamento do uso do galego no Concello de Moraña, unha proposta que foi aprobada no Pleno municipal o 7 de marzo de 2019.

Este texto do Concello de Moraña declara o galego idioma oficial do Concello, por ser lingua propia de Galicia. Por tanto, establécese que "as actuacións administrativas realizadas en galego no territorio municipal terán plena validez e eficacia".

Ao longo dos seus 11 capítulos, 23 artigos e disposición derradeira, regúlase o uso do galego e a acción lingüística do concello na organización municipal; nas relacións coas/cos administradas/as; nas relacións institucionais; nos avisos, publicacións e actividades públicas; nos rexistros; na atención ao público; na toponimia, sinalización e rótulos; e na selección, provisión e reciclaxe do persoal. Tamén se establece a responsabilidade do concello no impulso institucional do idioma.

SEN DEPARTAMENTO TÉCNICO DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA

Malia felicitarmos o concello pola aprobación deste regulamento, observamos con estupor que o seu texto non fai referencia a ningún departamento técnico que asesore a institución na aplicación e desenvolvemento deste documento legal. Os servizos de normalización lingüística son os departamentos técnicos dos concellos que teñen como finalidade impulsar o uso e o prestixio da nosa lingua en todos os seus ámbitos de influencia e, así, cumprir coa súa obriga legal e responsabilidade social de contribuír ao proceso de normalización lingüística.

Esperamos que a ausencia de referencia a un SNL sexa unha eiva que se poida corrixir e non impida ao Concello de Moraña contar co departamento técnico necesario para planificar, xestionar, executar e avaliar a política lingüística municipal.

Regulamento do uso do galego no Concello de Moraña, en .pdf

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019

Avisos

    mes anterior
    Agosto de 2019
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
          1 2 3 4
    5 6 7 8 9 10 11
    12 13 14 15 16 17 18
    19 20 21 22 23 24 25
    26 27 28 29 30 31  
    Próximos eventos

    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • Asociate á CTNL
    • Gústame... o galego
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • Proposta para a mellora da planificación e xestión dos Celga
    • Traballarmos en dinamización lingüística | Isa Vaquero
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Axenda da lingua
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Kit para a normalización da lingua
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego