CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Lingua


8338 votos
Votar | | | |


12-10-2019

A quinta edición do LGx15 será o sábado 9 de novembro en Teo

LGx15 2019
Sábado 9 de novembro, 18.00 h e Auditorio Constante Liste da Ramallosa, Teo. Son as coordenadas para a nova edición do LGx15: oito intervencións para transmitir de maneira visual e entretida ideas, argumentos e propostas para influír nas actitudes e na conciencia lingüística, e música e humor, claro!


Con intervencións dun máximo de 15 minutos, as persoas convidadas desta quinta edición falarannos sobre o uso da lingua no cine, na rede, no transmedia ou na música e cóntarannos experiencias de compromiso lingüístico na vida cotiá, na infancia ou na atención médica. Diferentes áreas e perspectivas que nos axudarán a reflexionar sobre o futuro da nosa lingua con novos argumentos e alento reforzado e a intentar influír no imaxinario colectivo arredor do idioma lanzando propostas, consellos, experiencias e ideas. Coma en edicións anteriores, haberá tamén música en directo e humor.

CANDO E ONDE

Por primeira vez, o LGx15 pasará á fin de semana: terá lugar o sábado 9 de novembro, ás 18.00 h. Tamén mudará o lugar de celebración: será no Auditorio Constante Liste da Ramallosa, Teo.

PARTICIPANTES

Nesta quinta edición do LGx15 intervirán as seguintes persoas:

- Rosa Aneiros (escritora e xornalista, que nos propón unha charla co suxestivo título “O que entendín cando aprendestes a andar en bicicleta”),

- Suso López (produtor de cine, que nos falará de cine independente e lingua),

- Alba Rodríguez Carrera (traballadora e estudante, que nos vai desvelar a importante decisión que tomou o primeiro de xaneiro e como está a vivir esta experiencia),

- Xoana (cantante, que nos falará de música e concienciación lingüística desde a súa visión como moza creadora),

- Alba Mancebo (xornalista e responsable de contidos web da CRTVG, que nos exporá as súas ideas sobre a importancia de contar historias na nosa lingua na rede),

- Emilio del Río (médico dermatólogo, que nos falará da súa relación coa lingua como instrumento médico),

- Dhaunae de Vir (especialista en transmedia, que analizará o uso da lingua nos videoxogos e transmedia e nos fará propostas de futuro) e

- Roberto Rivas (bombeiro e activista social, que nos trasladará a importancia de facer cambios positivos socialmente a favor da lingua).

Tamén nesta nova edición haberá música e humor grazas á reaparición puntual de Os da Ría Íntimos, é dicir, Arturito Puy e Fabián Santomé acompañados por Suso Pián, que nos ofrecerán algúns dos seus éxitos e conducirán o LGx15 co seu particular estilo.

ENTRADAS PARA O LGx15

As entradas para o evento terán un prezo de 6 euros na venda anticipada. Estarán dispoñibles desde o 14 de outubro en Internet, no web do LGx15; e uns días máis tarde tamén se poderán adquirir na Tenda A Reixa (situada no número 46 da compostelá rúa do Hórreo) e na Librería d´Ana (travesía da Ramallosa, 10, Teo). O día do evento, en caso de quedaren dispoñibles, custarán 10 euros na billeteira.

AS EDICIÓNS ANTERIORES DO LGx15

A primeira edición do LGx15 tivo lugar en novembro do ano 2015, e nela participaran Luís Iglesia, Xurxo Mariño, Lara Tigre, Manuel N. Singala, Carmen Grimaldi e Xosé Lois Vilar, ademais das actuacións de AldaoLado, Alba María e Xenderal.

Un ano despois foi segunda edición, que contou coas intervencións de Alberte Lamazares, Belén Regueira, Elena Ferro, Diana Fernández e David Díaz (Bolboretas no bandullo), Marcus Fernández, María Yáñez, Mark Wiersma e Rosalía Fernández Rial, coa actuación musical dos Poetarras e a presentación dos regueifeiros Josinho da Teixeira e Luís O Caruncho.

O terceiro LGx15 celebrouse en novembro de 2018 e nel participaron Alonso Caxade, Patricia Buxán e Miguel Braña, Alba García, Fátima Fathallah, Brais García e Jonathan Blanco, Cecilia Fernández, Iria Veiga, José Antonio Rubal, Nuria Espasandín e Pedro Brandariz, coa actuación musical de MJ Pérez e todo conducido por Vicente Mohedano.

E a cuarta edición chegou en novembro do ano pasado e nela interviñeron Javier Balea, Eira Losada, Mercé Barrientos, Inma Gil Rosendo, Manolo Maseda, Xema Varela, Ruth Caramés e Aquel-e, coa actuación musical de Brais Morán e a presentación das regueifeiras Lupe Blanco e Alba María.

Os vídeos desas diversas charlas poden verse no web do LGx15 e en YouTube (2015, 2016, 2017 e 2018), pois unha parte fundamental deste proxecto é a difusión desas ideas a través da rede para que cheguen ao maior número de persoas posible.

O LGx15 é un evento organizado pola Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL), coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística e do Concello de Teo, pensado para o entusiasmo, a diversión, a reflexión e o futuro do galego.

Máis información no web do LGx15, no perfil de Facebook do evento e na conta de Twitter da CTNL.

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022

Avisos

    mes anterior
    Maio de 2022
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
                1
    2 3 4 5 6 7 8
    9 10 11 12 13 14 15
    16 17 18 19 20 21 22
    23 24 25 26 27 28 29
    30 31      
    Próximos eventos

      • Asociate á CTNL
      • Agasallo. Propostas de regalos en galego
      • LGx15
      • Premios Mil Primaveras
      • Viveiro de propostas normalizadoras
      • Gústame... o galego
      • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
      • Axenda da lingua
      • Envianos
      • Canles de novas da CTNL
      • Facebook da CTNL
      • Twitter da CTNL
      • Kit para a normalización en rede
      • Queremos Galego
      • Eu.gal: Por un dominio galego