CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

CTNL


12225 votos
Votar | | | |


30-01-2020

A CTNL solicita ao Concello de Arteixo a cobertura da praza de TNL

Casa do Concello de Arteixo (fonte: Galipedia)
A CTNL dirixiuse ao Concello de Arteixo e solicitoulle a cobertura da praza de técnico/a de normalización lingüística para que continúe funcionando o SNL creado o hai máis de 20 anos.







O Concello de Arteixo conta desde o ano 1997 cun servizo de normalización lingüística estable dotado dun posto técnico que figura recollido como persoal laboral na última modificación da RPT (BOP da Coruña do 2 de xullo de 2018). Alén disto, a entidade tamén conta cunha Ordenanza de normalización lingüística do Concello de Arteixo que regula o uso da lingua na institución e a súa promoción a través dun servizo de normalización lingüística como “soporte técnico ao proceso de normalización lingüística no Concello de Arteixo” (artigo 17).

Durante estes 21 anos de traballo en normalización lingüística realizáronse no Concello de Arteixo numerosas accións dirixidas a promover o uso e o prestixio da lingua galega en diferentes ámbitos (no turismo, na ciencia e no contacto coa natureza, na toponimia, no lecer, na restauración...), alén do traballo interno na institución de acordo co establecido na ordenanza citada. Con todo, desde principios deste ano, por xubilación da técnica de normalización lingüística responsable do departamento, o servizo de normalización lingüística deste concello está sen actividade.

A NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA É COMPETENCIA MUNICIPAL

As entidades locais de Galicia teñen entre as súas competencias a normalización lingüística, é dicir, a promoción do uso e do prestixio da lingua galega en todos os ámbitos de influencia da entidade. Así o aclararon en 2018 a Dirección Xeral da Administración Local e a Secretaría Xeral de Política Lingüística, coa redacción e difusión do Informe sobre a prestación do servizo de normalización lingüística pola Administración local en exercicio de competencia propia.

As ferramentas de traballo das administracións públicas para exerceren as súas funcións son os equipos técnicos especializados, tanto no departamento de urbanismo ou no de servizos sociais como no de lingua. É imprescindible un departamento técnico ou SNL estable, dotado de persoal e orzamento suficiente, para analizar a situación da lingua na entidade local, no municipio ou na comarca, asesorar a entidade en política lingüística e para planificar, xestionar, executar e avaliar accións e programas de normalización lingüística que interveñan nas áreas prioritarias onde o galego perde prestixio ou utilidade. En definitiva, os servizos de normalización lingüística son necesarios para que os concellos poidan exercer de forma eficaz as súas competencias en normalización lingüística.

Máis aló desta necesidade, o traballo de normalización da lingua, que procura transformacións sociais e o afianzamento da autoestima lingüística, necesita ser desenvolvido con continuidade para non perder eficacia. A paralización dun servizo deste tipo non supón unha simple interrupción temporal do traballo, senón un retroceso no labor cotián e na implantación do departamento técnico na institución. Mais este retroceso é facilmente evitable no caso de Arteixo cunha próxima cobertura da praza de técnica/o de normalización lingüística.

Por este motivo, a CTNL solicitoulle ao Concello de Arteixo que cubra o posto vacante de técnica/o de normalización lingüística para continuar contando cun departamento especializado que planifique, xestione, execute e avalíe accións e programas de normalización da lingua.

Escrito dirixido ao Concello de Arteixo, en .pdf

MODIFICACIÓN DA RELACIÓN DE POSTOS DE TRABALLO

O 30 de xaneiro de 2020 o Pleno Concello de Arteixo acordou unha modificación puntual da súa relación de postos de traballo, que incluía o engadido da etiqueta "a extinguir" nas observacións da praza de técnico/a de normalización lingüística. Este acordo publicouse no BOP da Coruña do 4 de febreiro e abríase un prazo de 20 días para presentar alegacións.

A CTNL presentou alegacións para que non se extinga a praza, pois entraría en contradición coa propia Ordenanza de normalización lingüística, e para que se reclasifique no grupo A1 de acordo coas funcións que debe desempeñar un SNL e para cumprir os requisitos de contratación que establecen as ordes de subvencións da Xunta de Galicia e da Deputación Provincial da Coruña.

Escrito de alegacións dirixido ao Concello de Arteixo, en .pdf

RELACIÓN DE POSTOS DE TRABALLO DEFINITIVA DO CONCELLO DE ARTEIXO

O Concello de Arteixo publicou a aprobación definitiva da súa relación de postos de traballo no BOP do 5 de xuño de 2020. Nesta aprobación definitiva corríxese a modificación puntual publicada en xaneiro e inclúese unha praza de técnico/a de normalización lingüística como persoal laboral do grupo A1, praza nestes momentos vacante.

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024

Avisos

    mes anterior
    Novembro de 2021
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
    1 2 3 4 5 6 7
    8 9 10 11 12 13 14
    15 16 17 18 19 20 21
    22 23 24 25 26 27 28
    29 30      
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Instagram da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Proxector
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego