CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Convocatorias


11402 votos
Votar | | | |


05-02-2020

Bases do programa de subvencións da Deputación Provincial da Coruña dirixidas a SNL das entidades locais

Deputación Provincial da Coruña
A Deputación Provincial da Coruña anunciou no BOP do 5 de febreiro de de 2020 as bases reguladoras da convocatoria de subvencións para a creación, mantemento e reforzo de SNL durante o ano 2020, dirixida a entidades locais. O prazo de presentación de solicitudes finaliza o 6 de marzo ás 14.00h.


A Deputación Provincial da Coruña anunciou as bases do programa de axudas para a creación, mantemento e reforzo de servizos de normalización lingüística nas entidades locais. Estas bases publicáronse no BOP da Coruña do 5 de febreiro de 2020.

ENTIDADES BENEFICIARIAS

Poderán solicitar esta subvención concellos da provincia da Coruña de 5.000 ou máis habitantes ou agrupacións de concellos, mancomunidades e outras entidades locais que, entre eles, cheguen ao mesmo número mínimo de habitantes.

MODALIDADES DE AXUDAS:

A convocatoria establece tres modalidades de axudas:

- creación de novos servizos de normalización lingüística

- mantemento de servizos de normalización lingüística xa existentes

- reforzo de servizos de normalización lingüística xa existentes (única modalidade a que poden concorrer as cidades da provincia, A Coruña, Ferrol e Santiago de Compostela)

IMPORTE DAS AXUDAS

O importe total do crédito consignado (500.000 euros) distribuirase a partes iguais entre as entidades beneficiarias, que recibirán unha cantidade fixa máxima de 15.000 euros. Con este importe financiaranse as retribucións do persoal técnico dos servizos de normalización lingüística (SNL).

PRAZO PARA A PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

De acordo coa base 7.1 da convocatoria, os prazos de inicio e fin de presentación de solicitudes determinaranse a partir da publicación no BOP da convocatoria segundo a remisión da Base de Datos Nacional de Subvencións (BDNS). Este extracto publicouse o no BOP do 17 de febreiro e estableceu como data límite para presentar solicitudes o 6 de marzo ás 14.00 horas.

Así mesmo, na base 9.1 tamén se especifica o prazo de xustificación das subvencións unha vez concedidas: até as 14:00 horas do 30 de abril de 2021.

Información máis detallada:

- nas bases específicas reguladoras desta convocatoria, en .pdf (BOP do 5 de febreiro de 2020)

- no extracto da convocatoria, en .pdf (BOP do 17 de febreiro de 2020)

ADDENDAS

- Resolución provisional das axudas, en .pdf (BOP da Coruña do 12 de xuño de 2020).

- Resolución definitiva das axudas, en .pdf (BOP da Coruña do 16 de xullo de 2020).

- Resolución pola que se aproba a nova concesión definitiva das axudas, en .pdf (BOP da Coruña do 19 de outubro de 2020).

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024

Avisos

    mes anterior
    Xaneiro de 2020
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
        1 2 3 4 5
    6 7 8 9 10 11 12
    13 14 15 16 17 18 19
    20 21 22 23 24 25 26
    27 28 29 30 31   
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Instagram da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Proxector
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego