CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

CTNL


10687 votos
Votar | | | |


19-02-2020

A CTNL solicita o reforzo do SNL do Concello de Ferrol

Casa do Concello de Ferrol (fonte: Wikipedia)
A CTNL dirixiuse ao Concello de Ferrol para solicitarlle o reforzo do seu servizo de normalización lingüística cun incremento do persoal técnico. As subvencións da Deputación da Coruña para o reforzo dos SNL das cidades poden ser unha primeira axuda para aumentar o cadro de persoal deste departamento.




O Concello de Ferrol conta desde hai arredor de vinte anos cun servizo de normalización lingüística estable dotado dun único posto técnico, praza que figura recollida como persoal funcionario na súa relación de postos de traballo (BOP da Coruña do 22 de xaneiro de 2015). Este concello aprobou tamén unha Ordenanza municipal de normalización lingüística e mesmo elaborou en 2003 un Plan de normalización lingüística, sendo unha das poucas entidades locais galegas que aprobou unha ferramenta de planificación para desenvolver a súa política lingüística. Alén disto, foi un dos concellos fundadores da Asociación de Entidades Locais pola Lingua.

Con todo, desde hai máis de catro anos a técnica de normalización lingüística responsable deste servizo debe compaxinar o seu traballo cotián co desempeño dun cargo público (alcaldesa nun concello de pouca poboación), para o cal a lei non lle permite ningún tipo de redución horaria, unicamente o dereito a ausentarse do traballo con motivo do seu cargo. Esta circunstancia e o feito de que Ferrol sexa un concello urbano cun índice de desgaleguización alto, que require un traballo en normalización lingüística intensivo, aconsellan acometer o antes posible un reforzo do SNL para que poida desenvolver a súa actividade coas máximas garantías e facer un seguimento eficaz dos proxectos en marcha, algúns deles, coma Apego ou o Club de Debate, en colaboración con outros concellos.

Este reforzo pode ser inicialmente puntual, por exemplo, beneficiándose da liña de axudas que convoca a Deputación Provincial da Coruña para SNL, que no caso das cidades está prevista especificamente para reforzar estes departamentos. As bases deste ano están publicadas no BOP da Coruña do 5 de febreiro de 2020 e no BOP do 17 de febreiro publicouse o extracto da convocatoria, que delimita o prazo de presentación de solicitudes: até o 6 de marzo ás 14.00 h. Con todo, desde a CTNL recomendamos que o reforzo puntual inicial sexa só o primeiro paso para un incremento do persoal técnico deste servizo de forma definitiva, que permita planificar, xestionar, executar e avaliar accións e programas de normalización lingüística na sétima cidade de Galicia.

Escrito dirixido ao Concello de Ferrol, en .pdf

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024

Avisos

    mes anterior
    Xaneiro de 2021
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
            1 2 3
    4 5 6 7 8 9 10
    11 12 13 14 15 16 17
    18 19 20 21 22 23 24
    25 26 27 28 29 30 31
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Instagram da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Proxector
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego