02-03-2020Ordenanza de normalización lingüística do Concello de Nigrán
O
Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra do 2 de marzo de 2020 publicou a aprobación definitiva da
Ordenanza de normalización lingüística do Concello de Nigrán, un texto aprobado no Pleno municipal o 25 de novembro de 2019.
Este breve texto do Concello de Nigrán conta
só con
catro artigos onde se trata o
obxecto de aprobación desta norma ("potenciar o uso do idioma galego na actividade municipal e adoptar medidas encamiñadas a que ninguén sexa discriminado por razón da lingua que empregue nas súas relacións, tanto orais coma escritas, co Concello de Nigrán ou coas empresas adxudicatarias de contratos municipais"), os
usos lingüísticos internos (nas actuacións internas, nas convocatorias, orde do día, actas etc. e nos rótulos), no
acceso ao emprego público (que incluirá o coñecemento da lingua de acordo coa normativa) e nos
usos lingüísticos externos (nos expedientes, nos rexistros administrativos, nas comunicacións orais, nas actividades dirixidas á veciñanza e na toponimia e no nome das rúas).
SEN DEPARTAMENTO TÉCNICO DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICANo texto da ordenanza
non se fai referencia a ningún departamento técnico que asesore a institución para "fomentar a normalización do uso do galego nas actividades dirixidas á veciñanza" (artigo 4, parágrafo sétimo). Os servizos de normalización lingüística son os departamentos técnicos dos concellos que teñen como finalidade impulsar o uso e o prestixio da nosa lingua en todos os seus ámbitos de influencia e, así, cumprir coa súa obriga legal e responsabilidade social de contribuír ao proceso de normalización lingüística.
Esperamos que a ausencia de referencia a un SNL sexa unha eiva que se poida corrixir e non impida ao Concello de Nigrán contar co departamento técnico necesario para planificar, xestionar, executar e avaliar a política lingüística municipal.
Ordenanza de normalización lingüística do Concello de Nigrán, en .pdf