05-03-2020A integración lingüística como ferramenta de cohesión social, a análise nos XXII Encontros para a normalización lingüística
A vixésimo segunda edición dos
Encontros para a Normalización Lingüística estudará a
integración lingüística como
ferramenta de cohesión social. As datas iniciais desta convocatoria eran o 16 e o 17 de abril, mais
quedan adiados para o 1 e 2 de outubro.
Esta edición dos
Encontros para a Normalización Lingüística centrarase nas
persoas e nos
colectivos non galegofalantes de orixe, dado que
a integración lingüística é un factor indispensable para a cohesión social. Unha integración que non será posible se non se ofrecen recursos axeitados nin se habilitan medios para que os non falantes dean adquirido a competencia necesaria na lingua propia de Galicia.
Os Encontros inclúen análise da situación, estudo de necesidades, e presentación e difusión de iniciativas, experiencias e propostas de dentro e de fóra de Galicia.
Datas: as datas iniciais eran o 16 e o 17 de abril, pero
adíanse para o 1 e o 2 de outubroLugar: Pazo de Raxoi, 2º, praza do Obradoiro, s/n, Santiago de Compostela
Inscrición: gratuíta; abrirase un novo prazo de inscrición no momento oportuno. O número de prazas está limitado a 100, que se cubrirán por orde de inscrición.
PROGRAMAPrimeira sesión de tarde16:30 horas. Inauguración
16:45 horas. Relatorios:
Inmigración e lingua(s): o debate da diversidade como riqueza cultural-
Belén Fernández Suárez, Universidade da Coruña
-
Vicent Climent-Ferrando, Universitat Pompeu Fabra
18:15 horas. Pausa
18:45 horas. Mesa de traballo
Que linguas queren aprender as persoas migrantes?-
Juan Redondo, Cruz Vermella Galicia
-
Isabel Ozores, Concello de Lugo
-
Tamara Balboa, Centro de Desenvolvemento Rural Portas Abertas
19:45 horas. Remate da sesión
Primeira sesión de mañá10:00 horas. Mesa de experiencias
Integrarmos o colectivo inmigrante desde o sistema educativo-
Valentina Formoso, IES do Milladoiro.
Programa de adquisición de linguas-
Bernardo Penabade, IES Perdouro.
Modelo Burela-
Loli Castiñeira, Concello de Salceda de Caselas.
Programa de apoio lingüístico11:00 horas. Mesa de experiencias
Integrarmos o colectivo inmigrante desde os servizos de normalización lingüística-
Leonardo Pena, Servizo de Atención ao Inmigrante do Concello de Ames.
En galego, co teu acento-
Concha Diéguez, Reverso Comunicación.
En galego tamén noutros mundos-
Isabel Vaquero. SNL da Universidade de Santiago de Compostela.
Cambia a túa mirada12:00 horas. Pausa
12:30 horas. Mesa de experiencias
Inmigración e acollida lingüística en Euskadi e Cataluña-
Ángels Guerrero, Servei de Recursos Lingüístics, DGPL, Generalitat de Catalunya.
Acollida lingüística da poboación inmigrante adulta-
Miren Biotza Piko, Berritzegune de Vitoria-Gasteiz, Departamento de Educación, Goberno Vasco.
Acollida no sistema educativo non universitario13:45 horas. Remate da sesión
Segunda sesión de tarde16:00 horas. Relatorio
A formación de adultos en galego como ferramenta de integración social: o sistema Celga-
Xaquín Núñez Sabarís, Universidade do Minho
-
Manuel Núñez Singala, SNL da Universidade de Santiago de Compostela
17:00 horas. Mesa de debate
Propostas de aproveitamento dos cursos Celga para o acollemento e a cohesión social-
María López, profesora dos cursos Celga
-
Rosa Moreiras, SNL do Concello de Ames
-
Olga López, Secretaría Xeral de Política Lingüística, Xunta de Galicia
18:30 horas. Actuación de
Soledad Felloza19:00 horas. Conclusións e clausura
Coma en anos anteriores, haberá un
grupo de Facebook sobre estes Encontros, que permitirá compartir información e iniciar o debate antes das sesións presenciais. Animámosvos a unirvos ao grupo e participar nos debates, propor ideas, dúbidas, etc.
Programa en .pdf e
máis información no web do CDSG.