CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Formación


10886 votos
Votar | | | |


05-03-2020

A integración lingüística como ferramenta de cohesión social, a análise nos XXII Encontros para a normalización lingüística

XXII Encontros para a Normalización Lingüística
A vixésimo segunda edición dos Encontros para a Normalización Lingüística estudará a integración lingüística como ferramenta de cohesión social. As datas iniciais desta convocatoria eran o 16 e o 17 de abril, mais quedan adiados para o 1 e 2 de outubro.


Esta edición dos Encontros para a Normalización Lingüística centrarase nas persoas e nos colectivos non galegofalantes de orixe, dado que a integración lingüística é un factor indispensable para a cohesión social. Unha integración que non será posible se non se ofrecen recursos axeitados nin se habilitan medios para que os non falantes dean adquirido a competencia necesaria na lingua propia de Galicia.

Os Encontros inclúen análise da situación, estudo de necesidades, e presentación e difusión de iniciativas, experiencias e propostas de dentro e de fóra de Galicia.

Datas: as datas iniciais eran o 16 e o 17 de abril, pero adíanse para o 1 e o 2 de outubro
Lugar: Pazo de Raxoi, 2º, praza do Obradoiro, s/n, Santiago de Compostela
Inscrición: gratuíta; abrirase un novo prazo de inscrición no momento oportuno. O número de prazas está limitado a 100, que se cubrirán por orde de inscrición.

PROGRAMA

Primeira sesión de tarde

16:30 horas. Inauguración

16:45 horas. Relatorios:
Inmigración e lingua(s): o debate da diversidade como riqueza cultural
- Belén Fernández Suárez, Universidade da Coruña
- Vicent Climent-Ferrando, Universitat Pompeu Fabra

18:15 horas. Pausa

18:45 horas. Mesa de traballo
Que linguas queren aprender as persoas migrantes?
- Juan Redondo, Cruz Vermella Galicia
- Isabel Ozores, Concello de Lugo
- Tamara Balboa, Centro de Desenvolvemento Rural Portas Abertas

19:45 horas. Remate da sesión

Primeira sesión de mañá

10:00 horas. Mesa de experiencias
Integrarmos o colectivo inmigrante desde o sistema educativo
- Valentina Formoso, IES do Milladoiro. Programa de adquisición de linguas
- Bernardo Penabade, IES Perdouro. Modelo Burela
- Loli Castiñeira, Concello de Salceda de Caselas. Programa de apoio lingüístico

11:00 horas. Mesa de experiencias
Integrarmos o colectivo inmigrante desde os servizos de normalización lingüística
- Leonardo Pena, Servizo de Atención ao Inmigrante do Concello de Ames. En galego, co teu acento
- Concha Diéguez, Reverso Comunicación. En galego tamén noutros mundos
- Isabel Vaquero. SNL da Universidade de Santiago de Compostela. Cambia a túa mirada

12:00 horas. Pausa

12:30 horas. Mesa de experiencias
Inmigración e acollida lingüística en Euskadi e Cataluña
- Ángels Guerrero, Servei de Recursos Lingüístics, DGPL, Generalitat de Catalunya. Acollida lingüística da poboación inmigrante adulta
- Miren Biotza Piko, Berritzegune de Vitoria-Gasteiz, Departamento de Educación, Goberno Vasco. Acollida no sistema educativo non universitario

13:45 horas. Remate da sesión

Segunda sesión de tarde

16:00 horas. Relatorio
A formación de adultos en galego como ferramenta de integración social: o sistema Celga
- Xaquín Núñez Sabarís, Universidade do Minho
- Manuel Núñez Singala, SNL da Universidade de Santiago de Compostela

17:00 horas. Mesa de debate
Propostas de aproveitamento dos cursos Celga para o acollemento e a cohesión social
- María López, profesora dos cursos Celga
- Rosa Moreiras, SNL do Concello de Ames
- Olga López, Secretaría Xeral de Política Lingüística, Xunta de Galicia

18:30 horas. Actuación de Soledad Felloza

19:00 horas. Conclusións e clausura

Coma en anos anteriores, haberá un grupo de Facebook sobre estes Encontros, que permitirá compartir información e iniciar o debate antes das sesións presenciais. Animámosvos a unirvos ao grupo e participar nos debates, propor ideas, dúbidas, etc.

Programa en .pdf e máis información no web do CDSG.

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024

Avisos

    mes anterior
    Abril de 2020
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
        1 2 3 4 5
    6 7 8 9 10 11 12
    13 14 15 16 17 18 19
    20 21 22 23 24 25 26
    27 28 29 30    
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Instagram da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Proxector
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego