16-07-2020A Xunta convoca as subvencións para a promoción da lingua galega dirixidas a entidades locais, para o mantemento e reforzo de SNL
A Consellería de Cultura e Turismo
convoca subvencións para a promoción do uso da lingua galega dirixidas ás entidades locais (excluídas as deputacións), nas modalidades de
mantemento e reforzo de SNL. O
prazo para solicitar estas axudas
é dun mes.
No DOG de hoxe, a Consellería de Cultura e Turismo publicou a
orde do 18 de xuño de 2020 pola que se establecen as bases para a concesión de
subvencións ás entidades locais de Galicia para a promoción do uso da lingua galega e se procede á súa convocatoria (código de procedemento PL400A).
MODALIDADES QUE SE SUBVENCIONAN1. Mantemento dun servizo de normalización lingüística
2. Reforzamento dun servizo de normalización lingüística
DESTINATARIOS-Concellos ou agrupamentos de concellos con poboación igual ou superior aos 3000 habitantes
PERÍODO QUE COMPRENDEN AS AXUDAS-Do 1 de xaneiro ao 15 de outubro de 2020
PRAZO DE SOLICITUDE-Un mes desde o día seguinte ao da publicación das bases, é dicir,
até o 17 de agosto de 2020, dado que o 16 de agosto é inhábil.
PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES- As solicitudes presentaranse unicamente por medios electrónicos, a través do formulario normalizado dispoñible na
sede electrónica da Xunta de Galicia (anexo I da convocatoria).
CRITERIOS DE VALORACIÓN-Pertenza á Rede de Dinamización Lingüística
-Poboación
-Consideración estratéxica do servizo de normalización lingüística
-Calidade da programación de dinamización lingüística: implicación doutras entidades, incidencia nos ámbitos prioritarios, adecuación das propostas aos obxectivos de promoción do uso e do prestixio da lingua
-Inclusión de formación lingüística
-Continuidade do SNL
ÁMBITOS PRIORITARIOS DE INTERVENCIÓN-Deporte
-Mocidade
-Tecnoloxías da información e da comunicación
-Tecido económico empresarial
-Servizos sociais
-Perspectiva de xénero e igualdade
Alén de ser un ámbito prioritario, no
artigo 7 tamén se especifica a necesidade de que nas accións e actuacións obxecto de subvención se inclúa o
contido transversal de promoción activa da igualdade entre mulleres e homes, a través do uso da linguaxe non sexista, da integración da perspectiva de xénero, do respecto á diversidade e á diferenza, da igualdade de trato e de oportunidades, etc.
ORZAMENTOO orzamento total máximo que a Xunta lle dedica a esta convocatoria, para todos os concellos, é de
100.000 euros.
PRAZO DE XUSTIFICACIÓN DAS AXUDASDe acordo coa convocatoria, o
prazo de xustificación das axudas remataba o 20 de outubro de 2020. Mais, mediante unha
modificación da convocatoria publicada no DOG do 7 de outubro, este prazo pasou a ser o
30 de outubro de 2020.
Orde completa, en .pdf. (DOG do 16 de xullo de 2020)
Modificación da orde, en pdf (DOG do 7 de outubro de 2020)
ADDENDAResolución das axudas, en pdf (DOG do 7 de outubro de 2020)