16-07-2020Convocatoria de axudas da Deputación de Pontevedra para a creación, o mantemento ou o reforzo de SNL nas entidades locais da provincia

A
Deputación Provincial de Pontevedra convoca no BOP de hoxe o programa de axudas para a
creación, o mantemento e o reforzo de servizos de normalización lingüística nas entidades locais.
MODALIDADES DE AXUDASA convocatoria establece
tres modalidades de axudas:
-
creación de novos servizos de normalización lingüística
-
mantemento de servizos de normalización lingüística xa existentes
-
reforzo de servizos de normalización lingüística xa existentes.
ENTIDADES BENEFICIARIAS- Para a creación de SNL: concellos da provincia de Pontevedra de máis de 5.000 habitantes e de até un máximo de 50.000 habitantes ou ben as agrupacións de concellos, mancomunidades ou entidades locais menores da provincia que, entre elas, cheguen a esa cifra mínima.
- Para o mantemento de SNL: concellos da provincia de Pontevedra que no momento da publicación desta convocatoria teñan creado e en funcionamento un SNL.
- Para o reforzo de SNL: concellos que conten con SNL e queiran melloralo contratando persoal a maiores ou incrementando a xornada existente.
PERFIL TÉCNICO E FUNCIÓNS DOS SNLA Deputación Provincial de Pontevedra detalla na convocatoria os
requisitos de titulación dos técnicos/as de normalización lingüística e publica unha
relación pormenorizada das funcións que debe desenvolver un servizo de normalización lingüística (
base segunda da convocatoria).
ORZAMENTO E CONTÍA MÁXIMA DAS AXUDASO
orzamento total das axudas será de
200.000 euros.
Cando o beneficiario sexa un concello ou entidade local a Deputación contribuirá, no exercicio 2020, cun importe máximo de
20.000 € para contratación do persoal técnico a xornada completa.
Se o contrato é de media xornada, o importe máximo será de 10.000 € e, se a xornada é inferior, o importe reducirase proporcionalmente.
No caso de que a axuda se solicite para a creación, mantemento ou reforzo do SNL dunha
agrupación de concellos o importe máximo da axuda será de
25.000 por xornada completa e 12.500 € por media xornada. Noutros tipos de xornada, sen que poida nunca ser inferior á media xornada, o importe reducirase proporcionalmente.
PRAZO E MODALIDADE DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDESO
prazo de presentación de solicitudes
é dun mes desde o día seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria, é dicir,
do 17 de xullo ao 17 de agosto de 2020, dado que o 16 de agosto é inhábil.
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na
Sede electrónica da Deputación de Pontevedra.
PRAZO DE XUSTIFICACIÓN DAS AXUDASDe acordo coas bases e co extracto da convocatoria, o
prazo de xustificación das axudas remata
o 20 de maio de 2021.
Bases en .pdf. (BOP do 16 de xullo de 2020)
Extracto en .pdf. (BOP do 16 de xullo de 2020)
ADDENDAResolución das axudas, en pdf (BOP do 11 de xaneiro de 2021)