CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Convocatorias


773 votos
Votar | | | |


16-07-2020

Convocatoria de axudas da Deputación de Pontevedra para a creación, o mantemento ou o reforzo de SNL nas entidades locais da provincia

Deputación Provincial de Pontevedra
No Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra de hoxe publicáronse as Bases de subvencións para a creación, mantemento e reforzo de SNL dirixidas aos concellos e outras entidades locais da provincia de Pontevedra para o ano 2020. No mesmo BOP publicouse o extracto correspondente, que marca o prazo para presentar as solicitudes: até o 17 de agosto.


A Deputación Provincial de Pontevedra convoca no BOP de hoxe o programa de axudas para a creación, o mantemento e o reforzo de servizos de normalización lingüística nas entidades locais.

MODALIDADES DE AXUDAS

A convocatoria establece tres modalidades de axudas:

- creación de novos servizos de normalización lingüística

- mantemento de servizos de normalización lingüística xa existentes

- reforzo de servizos de normalización lingüística xa existentes.

ENTIDADES BENEFICIARIAS

- Para a creación de SNL: concellos da provincia de Pontevedra de máis de 5.000 habitantes e de até un máximo de 50.000 habitantes ou ben as agrupacións de concellos, mancomunidades ou entidades locais menores da provincia que, entre elas, cheguen a esa cifra mínima.

- Para o mantemento de SNL: concellos da provincia de Pontevedra que no momento da publicación desta convocatoria teñan creado e en funcionamento un SNL.

- Para o reforzo de SNL: concellos que conten con SNL e queiran melloralo contratando persoal a maiores ou incrementando a xornada existente.

PERFIL TÉCNICO E FUNCIÓNS DOS SNL

A Deputación Provincial de Pontevedra detalla na convocatoria os requisitos de titulación dos técnicos/as de normalización lingüística e publica unha relación pormenorizada das funcións que debe desenvolver un servizo de normalización lingüística (base segunda da convocatoria).

ORZAMENTO E CONTÍA MÁXIMA DAS AXUDAS

O orzamento total das axudas será de 200.000 euros.

Cando o beneficiario sexa un concello ou entidade local a Deputación contribuirá, no exercicio 2020, cun importe máximo de 20.000 € para contratación do persoal técnico a xornada completa. Se o contrato é de media xornada, o importe máximo será de 10.000 € e, se a xornada é inferior, o importe reducirase proporcionalmente.

No caso de que a axuda se solicite para a creación, mantemento ou reforzo do SNL dunha agrupación de concellos o importe máximo da axuda será de 25.000 por xornada completa e 12.500 € por media xornada. Noutros tipos de xornada, sen que poida nunca ser inferior á media xornada, o importe reducirase proporcionalmente.

PRAZO E MODALIDADE DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

O prazo de presentación de solicitudes é dun mes desde o día seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria, é dicir, do 17 de xullo ao 17 de agosto de 2020, dado que o 16 de agosto é inhábil.

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na Sede electrónica da Deputación de Pontevedra.

PRAZO DE XUSTIFICACIÓN DAS AXUDAS

De acordo coas bases e co extracto da convocatoria, o prazo de xustificación das axudas remata o 20 de maio de 2021.

Bases en .pdf. (BOP do 16 de xullo de 2020)

Extracto en .pdf
. (BOP do 16 de xullo de 2020)

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020

Avisos

    mes anterior
    Outubro de 2020
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
          1 2 3 4
    5 6 7 8 9 10 11
    12 13 14 15 16 17 18
    19 20 21 22 23 24 25
    26 27 28 29 30 31  
    Próximos eventos

    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • Asociate á CTNL
    • Gústame... o galego
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • Proposta para a mellora da planificación e xestión dos Celga
    • Traballarmos en dinamización lingüística | Isa Vaquero
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Axenda da lingua
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Kit para a normalización da lingua
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego