19-08-2020URXENTE! Convocatoria dunha bolsa de emprego de técnico/a de normalización lingüística no Concello de Sada

O Concello de Sada
anunciou no BOP de hoxe a convocatoria dun proceso selectivo para crear unha
bolsa de emprego para unha praza de técnico/a de normalización lingüística. O
prazo para presentar solicitudes é de
tan só tres días hábiles.
O
Concello de Sada publicou no BOP de hoxe a
convocatoria dun proceso selectivo para a confección dunha
bolsa de emprego para a posible
contratación dun/dunha técnico/a de normalización lingüística.
VIXENCIA DA BOLSA DE EMPREGOA bolsa de emprego que se cree a partir desta convocatoria terá unha vixencia de
tres anos prorrogables por outros tres, dende a súa aprobación por resolución da Alcaldía.
CARACTERÍSTICAS DA PRAZAA bolsa confecciónase para a contratación dun/dunha
técnico/a de normalización lingüística no
grupo A1, que corresponderá á escala de Administración especial, subescala técnica, clase técnico/a superior. A relación xurídica será de persoal laboral temporal ou persoal funcionario interino/a.
TITULACIÓN REQUIRIDAPara participar neste proceso selectivo, cómpre ter algunha das seguintes titulacións:
- Licenciatura en Filoloxía Galego-Portuguesa ou equivalente
- Licenciatura en Filoloxía Galega ou equivalente
- Licenciatura en Filoloxía Hispánica (subsección Galego-Portugués) ou equivalente
- Grao en Lingua Galega ou equivalente
- Calquera outra licenciatura ou grao sempre que se dispoña do Celga 5
SISTEMA SELECTIVODe conformidade co previsto nas
bases xerais aprobadas polo Concello de Sada (
BOP da Coruña do 5 de febreiro de 2020), o sistema selectivo será o de
oposición.
PROCESO SELECTIVOA oposición consistirá en
dous exercicios de carácter obrigatorio e eliminatorio:
O primeiro exercicio será teórico: consistirá nun
cuestionario de 20 preguntas con catro preguntas alternativas, baseado no temario completo (parte xeral publicada nas
bases xerais e parte específica publicada nas
bases específicas). A puntuación máxima deste exercicio será de 20 puntos.
O segundo exercicio será práctico: consistirá na realización dun
suposto práctico relacionado coas materias específicas do temario. A puntuación máxima deste exercicio será de 30 puntos.
SOLICITUDE DE PARTICIPACIÓN, TAXAS E PRAZOA solicitude axustaranse ao modelo que está á disposición das persoas candidatas na seguinte
ligazón (sección "varios"). Coa solicitude de participación achegarase a documentación sinalada na base cuarta das
bases xerais.
De acordo coa base quinta das bases xerais, os dereitos de exame son de
25 euros (grupo A, subgrupo A1).
O
prazo de presentación de solicitudes é de
tres días hábiles, que se contarán a partir do seguinte ao da publicación da convocatoria no BOP. Polo tanto,
o prazo finaliza o 24 de agosto.
Máis información nos seguintes documentos e na
sede electrónica do Concello de Sada:
-
Convocatoria, en .pdf (BOP da Coruña do 19 de agosto de 2020)
-
Bases xerais, en pdf (BOP da Coruña do 5 de febreiro de 2020)
-
Bases específicas, en pdf (publicadas na sede electrónica do Concello de Sada o 19 de agosto de 2020)