CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Convocatorias


4645 votos
Votar | | | |


19-08-2020

URXENTE! Convocatoria dunha bolsa de emprego de técnico/a de normalización lingüística no Concello de Sada

Concello de Sada
O Concello de Sada anunciou no BOP de hoxe a convocatoria dun proceso selectivo para crear unha bolsa de emprego para unha praza de técnico/a de normalización lingüística. O prazo para presentar solicitudes é de tan só tres días hábiles.





O Concello de Sada publicou no BOP de hoxe a convocatoria dun proceso selectivo para a confección dunha bolsa de emprego para a posible contratación dun/dunha técnico/a de normalización lingüística.

VIXENCIA DA BOLSA DE EMPREGO

A bolsa de emprego que se cree a partir desta convocatoria terá unha vixencia de tres anos prorrogables por outros tres, dende a súa aprobación por resolución da Alcaldía.

CARACTERÍSTICAS DA PRAZA

A bolsa confecciónase para a contratación dun/dunha técnico/a de normalización lingüística no grupo A1, que corresponderá á escala de Administración especial, subescala técnica, clase técnico/a superior. A relación xurídica será de persoal laboral temporal ou persoal funcionario interino/a.

TITULACIÓN REQUIRIDA

Para participar neste proceso selectivo, cómpre ter algunha das seguintes titulacións:
- Licenciatura en Filoloxía Galego-Portuguesa ou equivalente
- Licenciatura en Filoloxía Galega ou equivalente
- Licenciatura en Filoloxía Hispánica (subsección Galego-Portugués) ou equivalente
- Grao en Lingua Galega ou equivalente
- Calquera outra licenciatura ou grao sempre que se dispoña do Celga 5

SISTEMA SELECTIVO

De conformidade co previsto nas bases xerais aprobadas polo Concello de Sada (BOP da Coruña do 5 de febreiro de 2020), o sistema selectivo será o de oposición.

PROCESO SELECTIVO

A oposición consistirá en dous exercicios de carácter obrigatorio e eliminatorio:

O primeiro exercicio será teórico: consistirá nun cuestionario de 20 preguntas con catro preguntas alternativas, baseado no temario completo (parte xeral publicada nas bases xerais e parte específica publicada nas bases específicas). A puntuación máxima deste exercicio será de 20 puntos.

O segundo exercicio será práctico: consistirá na realización dun suposto práctico relacionado coas materias específicas do temario. A puntuación máxima deste exercicio será de 30 puntos.

SOLICITUDE DE PARTICIPACIÓN, TAXAS E PRAZO

A solicitude axustaranse ao modelo que está á disposición das persoas candidatas na seguinte ligazón (sección "varios"). Coa solicitude de participación achegarase a documentación sinalada na base cuarta das bases xerais.

De acordo coa base quinta das bases xerais, os dereitos de exame son de 25 euros (grupo A, subgrupo A1).

O prazo de presentación de solicitudes é de tres días hábiles, que se contarán a partir do seguinte ao da publicación da convocatoria no BOP. Polo tanto, o prazo finaliza o 24 de agosto.

Máis información nos seguintes documentos e na sede electrónica do Concello de Sada:

- Convocatoria, en .pdf (BOP da Coruña do 19 de agosto de 2020)
- Bases xerais, en pdf (BOP da Coruña do 5 de febreiro de 2020)
- Bases específicas, en pdf (publicadas na sede electrónica do Concello de Sada o 19 de agosto de 2020)

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024

Avisos

    mes anterior
    Xullo de 2020
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
        1 2 3 4 5
    6 7 8 9 10 11 12
    13 14 15 16 17 18 19
    20 21 22 23 24 25 26
    27 28 29 30 31   
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Instagram da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Proxector
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego