16-09-2020Ordenanza de uso da lingua galega no concello do Porriño
O
Concello do Porriño aproba a súa
Ordenanza de uso da lingua galega. Publicouse no BOP de hoxe, logo da aprobación definitiva polo Pleno da Corporación o pasado 26 de agosto.
O
Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra do 16 de setembro de 2020 publicou a aprobación definitiva da
Ordenanza de uso da lingua galega no concello do Porriño.
Este texto normativo do
Concello do Porriño declara o
galego como idioma oficial do Concello, por ser lingua propia e oficial de Galiza. Por tanto, establécese que "O Concello do Porriño empregará o galego en todas as súas accións, nas súas actuacións administrativas, na documentación, na comunicación social e nas relación coas cidadás, cos cidadáns e con todas as entidades situadas en Galiza e con aqueloutras que admitan o galego para as actuacións administrativas".
Ao longo dos seus
21 artigos distribuídos en 13 capítulos, regúlase o uso oficial do idioma galego; o ámbito de aplicación; a atención ao público; o emprego da lingua na documentación e actuación administrativa; nas publicacións, accións informativas, formativas e actividades públicas; na compra de bens e materiais, no encargo e contratación de servizos e nas relacións coas empresas privadas; na toponimia, sinalizacións e rótulos; nas relacións con outras administracións; e polo persoal ao servizo da Administración. Tamén se establece a responsabilidade do concello no impulso institucional do idioma e o labor de mellora da calidade lingüística e da linguaxe democrática inclusiva.
A UNIDADE TÉCNICA DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICAO texto da ordenanza recolle no seu artigo 21 todo o relativo ao persoal técnico da Concellaría de Normalización Lingüística, que "procurará o
incremento do uso e prestixio do idioma galego no ámbito e coordinará as accións necesarias para darlle cumprimento a esta ordenanza".
No mesmo artigo detállanse as
funcións desta unidade técnica, que se clasifican
en catro áreas: funcións xerais, funcións de dinamización sociolingüística, funcións de formación sociolingüística, e funcións de asesoramento lingüístico (algunhas delas tamén recollidas parcialmente nos artigos 10, 13, 17, 18 e 19).
Ordenanza de uso da lingua galega no concello do Porriño, en .pdf