04-10-2020Curso sobre estratexias de comunicación para servizos de normalización lingüística
A CTNL organiza un curso sobre estratexias de comunicación para servizos de normalización lingüística, que se desenvolverá en liña a través do Campus Remoto da Universidade de Vigo. Impartirao Emma Torres Romay, profesora titular de Estratexia Publicitaria da UVigo, e terá lugar os días 22, 23, 29 e 30 de outubro e 5 e 6 de novembro de 9.00 a 11.00 h.
POR QUE ESTE CURSO?A finalidade desta actividade formativa é
dotármonos de estratexias e ferramentas para mellorar a comunicación do traballo de normalización da lingua, tanto facendo uso dos medios de comunicación convencionais como creando medios propios.
OBXECTIVOS DO CURSO- Comprender a realidade dos medios de comunicación en Galicia
- Entender os conceptos de cultura e identidade corporativa
- Entender o funcionamento dos departamentos de comunicación institucional
- Deseñar plans estratéxicos de comunicación para institucións locais
- Adaptar a comunicación aos distintos públicos de interese
- Desenvolver habilidades para a relación cos medios de comunicación
- Entender os procesos de contratación de publicidade
- Optimizar a capacidade de xestión dos medios dixitais propios dos SNL
- Desenvolver habilidades para crear contidos de interese para os medios dixitais
- Capacitar para crear un
social media plan- Comprender os resultados das estratexias implementadas
CONTIDOSO curso combinará contidos teóricos con exercicios e actividades prácticas, todo adaptado á realidade do traballo de normalización da lingua, especialmente en SNL. Os contidos distribúense en
tres bloques temáticos:
I. Conceptos básicos sobre estratexias de comunicación1.1. Comunicación e medios
1.1.1. Conceptos básicos para a creación de estratexias de comunicación
1.1.2. Panorama xeral dos medios de comunicación en Galicia
1.2. Comunicación e institucións
1.2.1. Cultura corporativa e estratexia política
1.2.2. Identidade corporativa:
marketing, branding e outros conceptos
1.2.3. Comunicación interna e externa
1.2.4. Funcionamento dos departamentos de comunicación
1.3. Plans estratéxicos de comunicación
1.3.1. O procedemento estratéxico: técnicas e deseño
1.3.2. Elementos básicos da estratexia: obxectivos e posicionamento
1.3.3. O públicos de interese
1.3.4. A axenda estratéxica
II. Estratexias de comunicación convencionais2.1. Os medios gañados
2.1.1. A relación cos medios de comunicación
2.1.2. Ferramentas de comunicación
2.2. Os medios pagados
2.2.1. A xestión da publicidade
2.2.2. Ferramentas de comunicación
III. Estratexias de comunicación dixitais3.1 Comunicación en contornas dixitais
3.1.1. Dinamización e xestión de plataformas
3.1.2. Viralización
3.2. Estratexias de contidos (
branded content e
brand journalism)
3.3.
Social media plan e
community manager3.4. Monitorización e medición de resultados
As
actividades prácticas incluirán:
-
tarefas de análise sobre a situación comunicativa dos SNL, sobre a audiencia e o seguimento de medios locais, sobre a identidade corporativa, sobre o paso da nota de prensa á información…
-
exercicios de deseño e elaboración de ferramentas comunicativas: mapas de públicos, plans estratéxicos e de acción, notas de prensa, publicacións en redes sociais, accións coordinadas de comunicación…
DOCENTEEmma Torres Romay, profesora titular de Estratexia Publicitaria na Universidade de Vigo e doutora en Comunicación Audiovisual e Publicidade pola mesma universidade.
Ten tamén experiencia profesional na Radio Galega e nos gabinetes de prensa da Consellería de Xustiza e da Universidade de Vigo.
PERSOAS DESTINATARIAS- Técnicos/as de servizos de normalización lingüística (SNL)
- Traballadores/as de empresas, asociacións e outras entidades relacionadas coa normalización da lingua
- Persoas interesadas en traballar pola normalización da lingua
Límite de prazas:
25.
FORMATO DO CURSOO curso desenvolverase
en liña a través da sala virtual da docente no
Campus Remoto da Universidade de Vigo:
https://campusremotouvigo.gal/O alumnado recibirá unha
ligazón e un
contrasinal para acceder á sala virtual e participar no curso. A sala conta cun cartafol de arquivos e sala de videoconferencia. O uso da sala de videoconferencias é sinxelo e intuitivo e permite intervir por escrito ou mediante a voz.
Necesidades técnicas para participar no curso:
- Equipo informático con navegador e software flash actualizados
- Altofalantes, cámara e micro.
- Conexión estable a Internet e con certa largura de banda.
DATAS E HORARIOAs sesións do curso terán lugar os días
22, 23, 29 e 30 de outubro e o 5 e 6 de novembro,
de 9 a 11 horas.
DURACIÓN DO CURSO14 horas (12 de conexión síncrona e 2 de traballo persoal)
PRAZO DE INSCRICIÓN-
Do 5 ao 16 de outubro de 2020
AVISO:
non se habilitará o formulario de inscrición ata que comece este prazo.
ORGANIZA- CTNL
COLABORAN- Universidade de Vigo
- Secretaría Xeral de Política Lingüística da Consellería de Cultura, Educación e Universidade
Información completa e formulario de inscrición.
Convocatoria completa en .pdf